InicioPolíticaA Deputación pídelle á Xunta máis material sanitario para os concellos e...

A Deputación pídelle á Xunta máis material sanitario para os concellos e a desinfección dos colexios

O bipartito PSdeG-BNG ve "falta de transparencia" cos datos da Covid e o PP replica que están "todos colgados" na web de Sanidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes, cos votos a favor dos grupos que conforman o bipartito PSdeG-BNG, unha moción para reclamar á Xunta medidas “efectivas” para frear a segunda onda da pandemia, así como un novo reparto de material sanitario aos concellos e que financie as desinfeccións en centros educativos.

A encargada de defender a iniciativa foi a portavoz do goberno provincial, a socialista Pilar García Porto, quen explicou que é “necesario” que o Executivo autonómico “exerza as súas competencias” e coordine a resposta ante a pandemia da covid-19.

Entre as medidas que inclúe a moción, que contou coa abstención do PP, está pedir á Xunta que “reforce” a loita contra o coronavirus con contratación de máis sanitarios, especialmente na Atención Primaria, e unha “liña permanente de colaboración” coas entidades locais. A moción tamén insiste en pedir á Xunta que “asuma o custo das tarefas de desinfección das aulas, que agora mesmo na maioría dos casos están a asumir os concellos”.

SOBRE A TRANSPARENCIA

Ademais, os grupos que forman o goberno provincial acusaron esta mañá a Feijóo de non compartir a información do coronavirus cos alcaldes dos concellos e esíxenlle datos “veraces”. Tanto Pilar García Porto como José Tomé insistiron na “falta de transparencia” e na “arbitrariedade” da Xunta á hora de tomar medidas e establecer restricións.

RESPOSTA DO PP

Tras estas declaracións do presidente e a aprobación da moción, o PP lucense emitiu un comunicado no que lembra a Tomé “que os datos da covid-19 están todos colgados na web do coronavirus” habilitada pola Consellería de Sanidade: “Calquera alcalde ou alcaldesa da provincia e calquera presidente provincial pode ter acceso a eles”. “Unha de dúas, ou o señor Tomé non se decata, ou ao señor Tomé non lle interesa decatarse”, deduciron os populares.

Así mesmo, o PP censurou a “ousadía” do presidente da Deputación por chegar “ata o punto de pór en dúbida a capacitación, cualificación e o rigor” do comité clínico que asesora á Consellería de Sanidade na adopción de medidas contra o coronavirus.

Por todo iso, os populares entenden que Tomé “non está capacitado” para dirixir o goberno provincial e pídenlle que “cese na súa actitude, que traballe con lealdade institucional e que deixe de usar a sanidade e as institucións públicas, como son a Deputación e os concellos, para facer oposición ao señor Feijóo”.

ÚLTIMAS

O PP esixe ao Goberno que a provincia de Lugo estea no mapa das infraestruturas ferroviarias

O senador por Lugo e coordinador xeral do Partido Popular provincial, José Manuel Balseiro,...

A Audiencia de Lugo absolve a unha muller e a súa filla acusadas de estafar á avoa para que lles dese diñeiro

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu a dúas mulleres, nai e filla, que estaban...

Besteiro urxe á Xunta que poña o foco na saúde mental da provincia de Lugo, onde hai “dous suicidios á semana” de media

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu este xoves en Lugo da...

O goberno de Lugo reclama ao presidente da Xunta máis investimentos que os anunciadas o luns tras o Consello

A portavoz do PSOE no goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, volveu a...