InicioPolíticaO modelo asistencial e de atención aos maiores da Deputación de Lugo...

O modelo asistencial e de atención aos maiores da Deputación de Lugo na Semana Europea de Rexións

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, expuxo este martes no marco da Semana Europea de Rexións e Cidades 2020 o modelo asistencial e de atención aos maiores da institución provincial, seleccionada entre máis de 6.000 candidaturas para liderar neste encontro, o maior evento anual de política rexional de Europa, un seminario sobre o desafío europeo do envellecemento activo postcovid-19, celebrado por vía telemática.

Na súa intervención, Tomé Roca debullou a Rede de Protección Social provincial, que presta servizo a persoas maiores en situación de vulnerabilidade, realiza accións de prevención da dependencia e favorece o envellecemento activo. Así mesmo, compartiu a experiencia da Deputación no desenvolvemento e implantación de enfoques innovadores elaborados para dar a mellor resposta á realidade social dos 67 concellos da provincia de Lugo.

Na súa intervención, o mandatario provincial fixo unha radiografía da situación da provincia e das principais características da súa poboación: máis do 29% dos habitantes supera os 65 anos e a maioría concéntrase no rural.

Estas particularidades, explicou Tomé Roca, son as que marcan as políticas sociais, que “perseguen aumentar os niveis de benestar da poboación, contribuíndo a lograr unha sociedade máis igualitaria”. “A nosa liña de traballo céntrase na atención ás persoas, a cooperación coas familias e o desenvolvemento dun modelo de centros de maiores propio“, indicou.

A Deputación de Lugo considera que o envellecemento activo “conséguese dunha maneira máis eficaz” se se vinculan novas pautas de conduta ou hábitos de vida á contorna tradicional do usuario, sempre que sexa posible, favorecendo “a permanencia no seu propio fogar”.

Neste sentido, o presidente expuxo o tres alicerces da Rede de Protección Social da Deputación: a colaboración cos concellos para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar; a prestación do servizo de teleasistencia as 24 horas do día os 365 días do ano; e os centros públicos de atención a maiores.

PONTE RIBEIRA EN SARRIA

Por outra banda, o presidente da Deputación e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, asinaron este martes un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega 150.000 euros para solucionar a problemática de Ponte Ribeira.

Tomé Roca materializou desta maneira o compromiso adquirido cos veciños deste municipio no mes de xuño, cando se trasladou a Sarria para asinar o protocolo desta actuación. O acordo inclúe a construción dunha pasarela metálica provisional, un estudo hidrolóxico de capacidade de desaugadoiro e o acondicionamento da contorna de Ponte Ribeira.

ÚLTIMAS

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...

Detida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta...

A Deputación de Lugo investirá un millón de euros en estradas e adquisición de nova maquinaria

A Deputación de Lugo deu a coñecer un novo paquete de investimentos que supera...