InicioPolíticaO PP de Muras denuncia o uso de placas das súas inauguracións...

O PP de Muras denuncia o uso de placas das súas inauguracións como tapas para o auga ou a luz polo actual goberno

A portavoz do PP en Muras, Eugenia Requeijo, instou aos gobernantes locais a “dar exemplo de respecto e civismo”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do Partido Popular no concello de Muras, Eugenia Requeijo, denunciou este mércores o uso de placas de inauguracións de obras como tapas para os rexistros da auga ou da luz.

A edila popular lamentou que as placas xa foran retiradas dos seus lugares “tan pronto chegou ao poder” o actual Executivo local, conformado por unha coalición entre PSdeG-PSOE e BNG, formación que ostenta a alcaldía.

Requeijo explicou que son dous rexistros situados nos arredores da área recreativa da Veiga os que contan con estes elementos como peche, que “non son os idóneos nin polo seu material nin polo impacto visual que supoñen” en “unha das zonas naturais máis atractivas e máis visitadas do municipio”.

A portavoz dos populares aseverou tamén que “guste ou non”, o feito de arrincar as placas dos lugares onde estaban colocadas “non borra as melloras realizadas en Muras polos anteriores mandatarios”.

Nese sentido, Requeijo instou aos gobernantes locais a “dar exemplo de respecto e civismo”, así como a “facer unha correcta xestión das placas atendendo á normativa ambiental”.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...