InicioPolíticaJosé Tomé fai balance do seu primeiro ano como presidente provincial: "foi...

José Tomé fai balance do seu primeiro ano como presidente provincial: “foi bo”

Destaca que non houbo problemas internos, como os que salpicaron o mandato de Darío Campos e advirte a Alcoa: "non pode marchar de rositas, chuleouse de nós".

PUBLICADA O

- Advertisement -

 O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, fixo este venres balance do seu primeiro ano ao fronte da institución. Un ano que, dixo, “foi bo”, e no que resaltou que se recuperou a “normalidade institucional“, que era o seu “primeiro obxectivo” cando entrou na Deputación. Tamén tivo duras palabras contra a multinacional norteamericana Alcoa. “Non pode marchar de rositas. Chuleouse de nós”, dixo.

Nun almorzo informativo cos xornalistas, Tomé suliñou que hoxe a institución provincial hoxe é noticia “polo que fai ou deixa de facer, pero non por outros temas”. dixo en alusión ás disputas que marcaron o anterior mandato de Darío Campos por mor do deputado díscolo ex socialista Manuel Martínez. “Non houbo un minimo atisbo de division interna“, destacou ao resaltar que tamén se levaron a cabo obxectivos importantes como a disolución de Suplusa.

PANDEMIA

Tomé tamén salientou a capacidade de reacción da Deputación ante a pandemia con medidas “espectaculares” e protocolos que mesmo se adiantaron aos da Xunta ou Goberno centra. Así, suliñou que este ano mobilizaron 70 millons de euros para os concellos e o tecido social e produtivo. “Ningunha institucion mobilizou tantos cartos nunca en Lugo nun ano, máis alá de grandes obras puntuais como unha autovia”, engadiu. Por outra banda, Tomé tamén destacou a cooperacion con todos os concellos, “sexan da cor que sexan” e agradeceu que non houbera criticas por parte de concellos doutros partidos nestes duros momentos da pandemia.

Outro dos grandes obxectivos do seu mandato, salientou, é a aposta polos servizos publicos, co 33% do orzamento dedicado a politicas sociais. Neste sentido, confirmou que serán quen de abrir dúas residencias máis este ano; a de Castroverde, na que “faltan detalles”, e a de Pedrafita que se esta dotando de material. Tamén destacou o proxecto do gran parque no “epicentro de Galicia”, en Antas de Ulla. Un proxecto que a institución provincial conta acabalo a fins do 2020 ou inicios do 2021.

ALCOA

Tomé tamén se referiu a un dos grandes problemas da provincia, o de Alcoa. Neste sentido, adiantou que non deixa de “buscar solucións”. “Non se trata só do apoio a intervención de Alcoa, senon que esa mesma postura a suxerín eu mesmo”, dixo para acalar aos que din que o PSdeG mantén unha postura laxa neste asunto

Alcoa non pode marchar de rositas, chuleouse de nós”, destacou, ao tempo que esixiu que a empresa devolva os cartos das axudas destinadas ao emprego e á renovacion das instalacions “e que nunca cumpriron”.

Finalmente, Tomé tamén se referiu á situación do PSdeG tras as eleccións do 12X. Con todo, evitou pronunciarse e dixo que as explicacións do acontecido xa o explicou Gonzalo Caballero. Ademais, descartou pedir unhas primarias ou a substitución do actual secretario xeral. “O momento das primarias é cando o establece o estatuto, falar agora diso non aporta nada”, concluíu.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...