InicioPolíticaAbascal avisa que "vixiará" que se garanta a liberdade en Galicia e...

Abascal avisa que “vixiará” que se garanta a liberdade en Galicia e acusa a Feijóo de “ególatra”

"Os nosos candidatos estarán no parlamento galego" e serán unha "voz determinante", declarou o líder de ultradereita.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O líder de Vox, Santiago Abascal, iniciou este venres o seu percorrido pola comunidade galega, nun acto en Lugo no que censurou o carácter “ególatra” de Alberto Núñez Feijóo e con forte presenza policial debido á protesta de máis de 600 persoas que se congregaron en contra do fascismo e a formación de ultradereita, que se desenvolveu de forma pacífica.

O acto estivo marcado pola réplica e a resposta entre ambas as partes, con algún bote de fume e insulto desde a protesta e o himno de España como réplica da ultradereita. De feito, os participantes no mitin fixeron numerosas alusións aos manifestantes durante as súas diversas quendas de palabra.

A primeira en comparecer foi a cabeza de lista por Lugo, ás eleccións autonómicas do 12 de xullo, Sonia Teijeiro, que deu as grazas “aos 16 valentes que conforman a lista do seu partido” debido ao “grao de acoso e difamación” realizado desde “grupos radicais”, resaltou Teijeiro. Mentres falaba a candidata de Vox, o bela ciao soaba por parte dos manifestantes na Praza do Campo Castelo, que afirmaba que “Lugo será a tumba do fascismo”.

Teijeiro dixo que desde Vox comparten o “soño” dunha “Galicia libre”, de “galegos iguais e sen imposicións do separatismo”, concluíu, antes de pasarlle a palabra a Jorge Buxadé, parlamentario europeo de Vox. Buxadé fixo a súa aparición falando para “o coro que acompaña na campaña”, referíndose a os manifestantes. “Non vos preocupedes” ,dixo, porque despois “Santiago Abascal daravos o que merecedes”.

O parlamentario europeo pediu coherencia ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo “porque Vox di o mesmo en Galicia” que en “calquera outro lugar” e iso non o fai, segundo Buxadé, “o Partido Popular”. “O galeguismo é o nacionalismo encuberto de Feijoo”, finalizou o representante da formación verde.

Con berros de ‘fascismo nunca maís” e “españolitos, españolitos’ apareceu Santiago Abascal, contrapoñendo á “a boa xente, os patriotas” á “chusma totalitaria”. Os berros de “fóra, fóra” fixéronse máis ostensibles, pero o líder de Vox foi a máis. “Estamos en Lugo porque é a nosa patria, a nosa terra”, sinalou Abascal, mentres exclamou: “deixade os insultos, as pedras e as ameazas”.

“Non tedes outra forma de alcanzar o poder” salvo con “o amedentramento e a violencia”, incidiu. “Menos pedras e máis proxectos”, continuou Abascal, quen defendeu vir a Lugo “sen ningún tipo de complexo” o seu proxecto político e sen pedir permiso “á chusma”.

“O noso proxecto é confrontar e discutir cos que non saben falar” e insistiu en ninguén os fará “calar”. “A nosa patria ten que ser respectada no mundo” e non “humillada en Europa”, insistiu, porlo que pediu aos galegos “unha oportunidade” fronte a un Feijoo “ególatra”.

“Vox vixiarao” para garantir a liberdade “nesta terra”, asegurou, para cenusurar as “enquisas de mentira e da trampa”. “Os nosos candidatos estarán no parlamento galego” e serán unha “voz determinante”, finalizou.

ÚLTIMAS

Novos desprendementos nos xulgados de Lugo por filtracións de auga

As filtracións de auga no edificio dos xulgados de Lugo continúan causando estragos con...

Besteiro urxe á Xunta que poña o foco na saúde mental da provincia de Lugo, onde hai “dous suicidios á semana” de media

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu este xoves en Lugo da...

O goberno de Lugo reclama ao presidente da Xunta máis investimentos que os anunciadas o luns tras o Consello

A portavoz do PSOE no goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, volveu a...

O PP sinala a Arroxo por aproveitar a ausencia do alcalde para pagar sancións por verteduras

O Partido Popular de Lugo acusou ao tenente de alcalde nacionalista, Rubén Arroxo, de...