InicioPolíticaDuras críticas do ex secretario provincial do PSOE de Lugo a G....

Duras críticas do ex secretario provincial do PSOE de Lugo a G. Caballero: “Non hai proxecto para Galicia”

O actual edil de Medio Ambiente de Lugo critica os resultados obtidos polo partido nas últimas eleccións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ex secretario provincial do PSOE de Lugo e actual edil de Medio Ambiente no Concello lucense, Álvaro Santos, puxo hoxe en dúbida que o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, teña “proxecto” para Galicia.

Santos, que dimitiu do cargo hai algúns meses cargando contra a xestión do actual secretario xeral do PSdeG, lembrou que renunciou ás súas responsabilidades orgánicas apelando “a razóns políticas”. “E, a día de hoxe, non coñezo que haxa un proxecto concreto, con iniciativas concretas para Galicia“, sostivo para ironizar con que “se cadra si que o hai” e “estano trasladando por outras vías” que non lle “chegan” a el.

Pese que asegura estar “apartado da vida orgánica do partido por iniciativa propia”, Álvaro Santos asegura que coas súas palabras busca “chamar á reflexión”. “Porque é bo e a cidadanía necesita tamén que os partidos progresistas e de esquerdas reflexionen para avanzar“, manifestou.

E é que Álvaro Santos fixera días atrás unha valoración “dos resultados” tras “os cambios que se adoptaron por parte da dirección provincial”, que pasou a estar ocupada pola deputada autonómica Patricia Otero tras a súa renuncia, “e nacional do partido”.

CRÍTICAS AO FUNCIONAMENTO INTERNO

Despois de que recentemente Álvaro Santos redactase unha análise no que criticaba os resultados obtidos polo PSOE tanto na provincia de Lugo como en Galicia, o edil de Medio Ambiente de Lugo criticou que aínda non se reunise “o maior órgano de deliberación que ten” o partido para abordar as cifras. “Supoño que non hai maior interese en valoralos”, considerou

Nese documento, o edil agradeceu “aos compañeiros e compañeiras que lle acompañaron con lealdade e compromiso” durante a súa etapa como secretario provincial e que, segundo indicou, “fixeron” que o Partido Socialista “obtivese uns resultados fantásticos”.

“Conseguíronse uns resultados magníficos para o PSOE na provincia de Lugo (nas xerais de abril) e seis meses despois foron máis de 9.500 votos menos (na provincia) o que significa un peor comportamento que no contexto de Galicia, e un peor comportamento que no contexto de España e merece unha reflexión”, finalizou.

ÚLTIMAS

Morre unha muller atropelada por un tren nun paso a nivel en Rábade

Unha muller faleceu este martes pola noite tras ser atropelada nun paso a nivel en...

O BNG denuncia a falta de pediatra no centro de saúde de Becerreá e a Xunta di que a praza estará cuberta en xullo

A deputada do BNG Olalla Rodil mantivo un encontro con veciños do municipio lucense de Becerreá para valorar...

A ausencia de tres deputados do PSdeG díscolos con Tomé fan que perda votacións no pleno provincial de Lugo

O PSdeG perdeu votacións no pleno da Deputación de Lugo celebrado na mañá deste...

Detido en Lugo tras ameazar cun coitelo a varios menores

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a un home, investigado por...