InicioPolíticaLugo, a provincia galega que máis apoio dará ao PP nas xerais,...

Lugo, a provincia galega que máis apoio dará ao PP nas xerais, segundo unha enquisa

Os 'populares' obterían o 44,6% dos votos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As últimas eleccións xerais, a pasada primavera, confirmaron un cambio de rumbo en Galicia coa vitoria da esquerda sobre a dereita, á que superou por un escano. Daquela, o PSOE convertiuse na forza máis votada, acadando 10 escanos, aos que se sumaron dous de Galicia en Común para facer do progresismo a tendencia maioritaría en Galicia, frontre aos 11 que sumaron PP (9) e Ciudadanos (2). Agora, a esquerda podería ampliar aínda máis esa vantaxe, con 13 escanos —entre PSOE, Unidas Podemos, Más País e BNG—, fronte aos 10 da dereita, con só o PP con representación conservadora.

Así o prognostica unha enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia, na que o PP recuperaría a súa hexemonía en Galicia cun total de 10 escanos fronte aos 9 conseguidos nas eleccións xerais do pasado 28 de abril. Deste xeito, os populares (31,3% do voto) volverían gañar nas catro provincias galegas e relegarían o PSdeG-PSOE á segunda posición (26,4%), caendo de 10 a 8 actas.

Con todo, coa desaparición dos dous escanos que Ciudadanos logrou o 28A, o bloque de esquerdas superaría o PP, posto que Galicia en Común —coalición de Podemos e Esquerda Unida— conseguiría dous escanos (10,8% dos votos), os mesmos que Más País (10,5%), e o BNG (6,5%) volvería ao Congreso cunha acta.

En concreto, o PP sacaría a súa mellor porcentaxe na provincia de Lugo, cun 44,6% dos votos fronte ao 29,1% do PSOE.

MÁIS INFORMACIÓN EN GALICIA CONFIDENCIAL

ÚLTIMAS

O PP reclama ao Goberno solucións ante a “grave deterioración” da N-6 en Becerreá

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel...

Os gandeiros manteñen a protesta indefinida en Lugo e advirten de que Mercosur traerá “pobreza e lumes”

Os gandeiros e agricultores galegos continúan en pé de guerra contra o acordo comercial...

A Fiscalía pide 20 anos de cárcere para un home acusado de agredir sexualmente a un menor contactado por Tinder

A Audiencia Provincial acolleu este martes o xuízo contra un home de 34 anos,...

O PPdeG denuncia que o PSOE e o BNG consumarán en Lugo un “pacto porco” cun presunto agresor sexual

O PPdeG asegurou que o Partido Socialista e o BNG consumarán este mércores o...