InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo critican que José Tomé se poña "de perfil"...

O PP de Lugo critican que José Tomé se poña “de perfil” ante a falta de fondos para os concellos

O PP cargou contra os responsables socialistas en Galicia, que se puxeron "de perfil", xa que "o PSdeG e Gonzalo Caballero foron os únicos membros do PSOE dunha Comunidade Autónoma que non reclamaron a transferencia destes fondos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicesecretario de Participación do Partido Popular e deputado no Congreso Jaime de Olano pediu este venres en Lugo ao goberno de Pedro Sánchez “que ingrese aos concellos da provincia e á Deputación os ingresos que lles retén premeditadamente” e acusou ao presidente da Deputación, José Tomé de porse “de perfil” en relación a esta cuestión.

Jaime de Olano cre que se trata “dunha chantaxe en toda regra”. “O que nos vén dicir o goberno é que ou hai investidura ou non haberá diñeiro nin para pagar a provedores”, explicou, tras o que precisou que son fondos que, na súa maioría, “están destinados a pagar os servizos públicos básicos, sanidade, educación, dependencia, servizos sociais”.

Por todo iso, De Olano anunciou que os deputados na Cámara Alta e no Senado interpelarán ao Goberno para que este “aclare as razóns polas que non se procedeu aínda a transferir ás entidades locais e ás Deputacións os recursos debidos, así como en que forma van cubrir este esforzo orzamentario”.

Os populares esixen a Sánchez “que cumpra coa súa obrigación” e denuncian que “é mentira cando din que un Executivo en funcións non pode aprobar esta medida, porque se fose un goberno responsable, fíxoo antes das eleccións mediante un decreto-lei”.

De Olano tamén cargou contra os responsables socialistas en Galicia, que se puxeron “de perfil”, xa que “o PSdeG e Gonzalo Caballero foron os únicos membros do PSOE dunha Comunidade Autónoma que non reclamaron a transferencia destes fondos”.

Doutra banda, lamentou que o presidente da Deputación, José Tomé, “perdese” unha oportunidade para reclamar o diñeiro que Sánchez retén ás administracións, na reunión que mantiveron en Ourense alcaldes e presidentes provinciais.

SITUACIÓN DE ALCOA

Sobre a situación de Alcoa, De Olano deu a coñecer as preguntas que formularán no Congreso para coñecer as previsións do executivo respecto da ampliación de 90 a 200 millóns as compensacións polos custos indirectos de CO2 á industria electrointensiva e da aprobación do estatuto que tamén prometeu, di, o goberno de Sánchez fai máis de seis meses.

A este respecto, José Manuel Barreiro, anunciou que a interpelación prevista no Senado sobre a situación da multinacional non se pode levar a cabo porque a ministra declinou asistir. Todo iso despois de que a Xunta anunciase que vai solicitar ao goberno reactivar a mesa de traballo e incorporar ao comité da factoría en San Cibrao para buscar unha solución ao prezo eléctrico

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...