InicioPolíticaDenuncian por "irregularidades contables" á comunidade de montes que preside o alcalde...

Denuncian por “irregularidades contables” á comunidade de montes que preside o alcalde de Xermade

O comuneiro denunciante asegura que "non se está levando a cabo unha xestión responsable, rigorosa e leal".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño e comuneiro, Alfonso Fernández Pena, presentou unha denuncia no Xulgado de Instrución de Vilalba contra a xunta directiva da Comunidade de Montes de Lousada, que preside Roberto García -o alcalde de Xermade-, por un suposto delito de “administración desleal” na xestión dos montes veciñais en man común desa parroquia xermadina.

A denuncia, que foi ratificada este xoves, deriva “das irregularidades detectadas na contabilidade da comunidade de montes nun auditoria externa encargada por un grupo de comuneiros”, segundo explica Alfonso Fernández.

Ese “informe pericial independente”, informou, detectou “un desfasamento de máis de 30.000 euros no balance contable do ano 2017”, entre “o saldo positivo que figura na contabilidade oficial presentada pola xunta directiva e o que realmente existe nas contas da comunidade”.

Ademais, engade, tamén detectou “movementos bancarios e cargos por importe de máis 10.000 euros sen soporte documental algún”. Segundo o denunciante, “non se está levando a cabo unha xestión responsable, rigorosa e leal“, polo que tomou a decisión de recorrer ao Xulgado “en defensa dos intereses da propia comunidade de montes” e para velar polos dereitos dos 70 comuneiros afectados.

Precisa que o suposto delito penal e as correspondentes penas asociadas “recaería sobre a totalidade da xunta directiva actual, presidida por Roberto García, e o restantes seis membros da xunta reitora, escollida na asemblea xeral extraordinaria que foi celebrada o 5 de maio de 2018”.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...