InicioLugo e contornaLugoForo Lugo Independiente pide un reconto manual dos votos das municipais

Foro Lugo Independiente pide un reconto manual dos votos das municipais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Foro Lugo Independiente ( FLI) presentou unha reclamación ante a Xunta Electoral de Zona de Lugo na que solicita o “reconto manual das papeletas” que conseguiu este partido nas eleccións municipais do pasado 26 de maio nesta circunscrición.

O presidente do FLI, Ildefonso Saavedra, fai constar nesa reclamación que a páxina web do Ministerio do Interior outorgáballe ao seu partido “o domingo pola noite e o luns un total de 841 votos, co 100 % do escrutinio realizado”, pero “posteriormente lle foron detraídos desa cantidade un total de 255 votos”, de modo que quedou con só 586.

“Resulta sorprendente que, no ano 2019 e cos avances tecnolóxicos que temos a día de hoxe, se poidan producir tales irregularidades no reconto de votos e na súa posterior transmisión ao público desde a páxina do Ministerio do Interior”, engade o FLI na súa reclamación ante a Xunta Electoral de Zona.

Por todo iso, solicita que “se realice un novo reconto manual, papeleta a papeleta, e con presenza dun representante de Foro Lugo Independiente, dos votos obtidos” por esta formación na circunscrición electoral.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...