InicioLugo e contornaBarreiro presume dos resultados do PP en Lugo

Barreiro presume dos resultados do PP en Lugo

O exportavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro, di que é "das poucas" provincias nas que gañaron os populares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O exportavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro, recoñeceu os “moi malos” resultados do seu partido tras os comicios deste domingo, aínda que reivindicou o peso de Lugo no Estado ao tratarse “das poucas” provincias nas que o PP logrou a vitoria.

“Esa situación en Lugo non é consolo porque o resultado foi moi malo. O que temos que facer é seguir traballando, porque temos unhas eleccións en poucos días de ámbito municipal e europeo en Galicia e nós aspiramos a gañar as dúas, tanto as municipais como as europeas“, asegurou.

Nas eleccións deste 29 de abril os populares quedaron co 33,6%, fronte ao 33,2% dos socialistas, pero moi lonxes dos resultados do 2016, con máis do 47% dos votos.

Con todo, Barreiro puxo en valor os logros alcanzados na provincia “dentro da situación de resultados moi negativos” que experimenta o partido en todo o Estado. “Mantense a representación que tiñamos, de tres senadores e dous deputados nacionais”.

Neste sentido, advertiu de que se produciu o que tentaban “evitar”, é dicir, “a división do centro-dereita”, polo que agora toca “asumir responsabilidades”.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...