InicioAncaresO PSOE vai "a por todas" na provincia coa presentación de listas...

O PSOE vai “a por todas” na provincia coa presentación de listas nos 67 concellos

Álvaro Santos convencido de que os socialistas manterán o goberno da deputación. O BNG presenta candidatura en 50 municipios de Lugo e espera ser a "chave" do goberno provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Lugo, Álvaro Santos, confirmou a Efe que o seu partido presentará finalmente listas nos 67 municipios da provincia de Lugo, co que afronta a inminente convocatoria electoral con optimismo e coa intención de “recuperar” alcaldías perdidas e mesmo “de gañar” outras onde nunca gobernou.

“Imos a por todas”, dixo Álvaro Santos, porque “as nosas expectivas son revalidar as 27 alcaldías do Partido Socialista na provincia de Lugo, recuperar algunha outra que perderamos e mesmo gañar algunha nova”.

Santos afirmou que eses bos resultados electorais que o partido espera conseguir nas eleccións municipais tamén terán o seu reflexo na loita por manter o goberno na Deputación Provincial de Lugo. “Estamos convencidos de que se vai a saber valorar o traballo feito polo goberno socialista, presidido por Darío Campos”, engadiu.

En canto ás listas que presenta o Partido Socialista, Santos destacou o feito de que “moita xente nova que quixo dar o paso de meterse en política para traballar polos seus veciños elixise o Partido Socialista”.

BNG

Por outra banda, o BNG confirmou que presentará candidaturas en cincuenta municipios de Lugo -de modo que non haberá lista nacionalista en 17 concellos lucenses-, cunha renovación que afecta a practicamente a metade das cabezas de lista que concorreron aos anteriores comicios municipais.

En declaracións a EFE, o coordinador de campaña do BNG en Lugo, Álex Penas, destacou precisamente esa “gran dose de renovación”, tanto no que se refire aos candidatos ás alcaldías como aos integrantes das listas.

“Esa renovación chega ao 40%, se falamos de caras novas, pero alcanza o 44% se sumamos A Fonsagrada e A Pontenova, onde os candidatos non concorreron aos anteriores comicios -2015-, aínda que si o fixeron noutras convocatorias”, precisou Penas. Ademais, quixo destacar o feito, “bastante importante”, de que “un 35% das listas do BNG estean encabezadas por mulleres”.

O BNG aspira a mellorar a súa representación nos municipios da provincia de Lugo e a ser de novo chave de goberno na Deputación Provincial.

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...