InicioOpiniónPunto final do diario da nova normalidade: o que remata e o...

Punto final do diario da nova normalidade: o que remata e o que vén

O Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos despiden a bitácora colectiva e dan paso a unha serie de entrevistas aos principais candidatos de Lugo para as eleccións autonómicas do 12-X.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Con-fin-nada. Ata que todo acabe... Así o pensara eu un día polo medio de abril, cando devecía por saír ao mundo de fóra e terminar con aquilo que parecía non ter punto. Unha corentena descosida, sen remate, prendeu nunha desescalada tan anunciada como agardada. Tanto arelabamos as tres fases do camiño á nova normalidade como queriamos que xa pasaran de vez. Todo chega.

Agora que se despide o mes do San Xoán, tamén toca o adeus neste Diario da nova normalidade —antes Diario de corentena ou de desescalada—. No Xornal da Mariña, Xornal de Lemos e o Lugo Xornal enfiamos experiencias deste tempo estraño para tecer memoria. Pero, ollo!, ese tempo que me deu por cualificar como estraño aínda non concluíu, e así nolo advirte a realidade: no ano sen primavera, a finais de xuño rebrota a natureza do virus. 

No norte da provincia andan alerta (por tantas cousas…!), pero tampouco deste lado do Xistral nos debemos confiar. Porque, certamente, os tempos sempre son estraños para todas. Miren se non o reparto do mesmo no debate electoral que emitiu onte a Televisión de Galicia…

Precisamente niso —na carreira cara aos comicios autonómicos do 12 de xullo— será no que nos mergullemos proximamente nos tres Xornais de Lugo: o Xornal da Mariña, o Xornal de Lemos e o Lugo Xornal publicarán unha serie de entrevistas aos principais candidatos e candidatas da provincia.

Deixamos falar do que (case) remata e poñemos o ollo no que vén. Que sexa bo.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo denuncia un “estado total de abandono” do Museo Interactivo de Historia

O Partido Popular de Lugo acusou ao Goberno local de ter "nun estado total...

O Senado insta ao Goberno a facer melloras ferroviarias en Lugo e o PSOE lémbralle que foi o PP quen parou a intermodal

O Senado instou ao Goberno central a "comprometer investimentos para a mellora de infraestruturas viarias...

Denunciado un condutor que se fixo pasar polo seu xemelgo tras ser sorprendido circulando sen carné en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que circulaba sen carné...

Rexistrados pequenos movementos sísmicos en concellos de Lugo

As provincias de Pontevedra e Lugo rexistraron pequenos movementos sísmicos no últimos catro días, o último...