InicioOpiniónDiario da desescalada: e que facemos cos nenos?

Diario da desescalada: e que facemos cos nenos?

O pase de fases na desescalada está poñendo enriba da mesa o tema da conciliación. Familias con pequenos e/ou pequenas pregúntanse quen quedará ao coidado deles cando haxa que saír fóra traballar ou cando facelo dende a casa con eles non resulte viable. Falamos cun centro de ocio e cunha escola infantil de Monforte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

X.M.F. | Tendo presente o tema da conciliación, cada vez máis necesaria conforme avancemos na desescalada, aqueles que temos cativada na casa empezamos a poñernos nerviosos, e con razón.

Que facemos cos nenos e/ou as nenas? Estando na casa, e sen teletraballar os pais, o coidado deles vaise levando. Teletraballando a cousa xa se complica, pero se os dous teñen que traballar fóra da casa a cousa xa é inviable. Polo de agora non se poden deixar cos avós, nin tampouco traer á casa canguros, o curso xa rematou e as escolas infantís e centros de ocio pechados… A cousa está complicada e non se ve solución no horizonte.

Podes ler o artigo completo de X.M.F. no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena  —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...