InicioOpiniónDiario de desescalada: primeiras impresións da nova (a)normalidade

Diario de desescalada: primeiras impresións da nova (a)normalidade

"As ganas de saír venceron ao medo. O 2 de maio, talvez por ser festivo o día anterior, as colas do supermercado que hai diante de onde eu vivo eran de máis de cen metros. Case todos con máscara e todos respectando a distancia social. É este bo momento e lugar para lembrarlle a toda esa cola que no pequeno comercio poden atopar os mesmos artigos sen ter que esperar tanto".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Andrés Pavón | Os que tivemos a fortuna de oír a Rodríguez Porto cantando o bingo no Círculo Recreativo lembramos aquilo de “El Treinta!!!…(pausa de catro segundos)…y cinco”. Quedaban as costas cubertas por se era o caso. Esa foi unha lección de vida que moitos aplican agora na pandemia. Dicir unha cousa e a contraria xa se volveu algo habitual dende que comezou o confinamento e nestes momentos que estamos na desescalada.

Respecto deste último proceso, cómpre decir que a efectos de presenza nas rúas estase a notar. As ganas de saír venceron o medo. O 2 de maio, talvez por ser festivo o día anterior, as colas do supermercado que hai diante de onde eu vivo eran de máis de cen metros. Case todos con máscara e todos respectando a distancia social. É este bo momento e lugar para lembrarlle a toda esa cola que no pequeno comercio poden atopar os mesmos artigos sen ter que esperar tanto.

Nas viñas e hortas tamén se aprecia o desexo da poboación de estar ao aire libre e facer algo diferente das rutinas que conlevou o peche nas casas. Dá gusto ver como medrou a herba e a cantidade de silo que se vai producir. Ou como agroman xa os primeiros acios na ribeira. E tamén as cereixas. Todo apunta a que este vai ser un bo ano de colleitas, o que contribuirá á recuperación económica e a subir a moral.

Podes ler o artigo completo de Andrés Pavón no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena  —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...