InicioOpiniónDía 38 de corentena: a 'policía de balcón' e o desmantelamento da...

Día 38 de corentena: a ‘policía de balcón’ e o desmantelamento da sanidade pública

Nalgunhas cidades vemos como se increpa desde os balcóns ás persoas que van pola rúa aínda descoñecendo os motivos que puidesen ter para “saltarse” o confinamento, noutros lugares chamado “toque de queda”. Así vemos como son increpadas persoas que van ou regresan dos seus traballos en tendas de alimentación, hospitais, axuda a domicilio, e mesmo persoas con necesidades especiais ás que o peche os está matando.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Manuel Díaz | Durante as semanas de confinamento obrigatorio que pasamos (e as que faltan…) tivemos tempo para meditar amplamente sobre a situación, a nosa e a do mundo externo. En realidade moito tempo non, xa que a ansia por “ver” como está a situación do país a moitos fainos estar ancorados durante horas fronte ao televisor, coa pausa ás 20 h para saír a aplaudir.

O que se supón unha medida imprescindible para tentar evitar unha expansión xeneralizada do “bicho” xa que non hai Sistema Sanitario nin aquí nin en ningures do Planeta que o soporte, está a permitir aflorar as frustracións persoais dunha poboación, maioritariamente, falta da necesaria e imprescindible cultura política que impida que as mentiras disfrazadas polos políticos mediocres a manteñan no letargo necesario para o desmantelamento do Público.

Nalgunhas cidades vemos como se increpa desde os balcóns ás persoas que van pola rúa aínda descoñecendo os motivos que puidesen ter para “saltarse” o confinamento, noutros lugares chamado “toque de queda”. Así vemos como son increpadas persoas que van ou regresan dos seus traballos en tendas de alimentación, hospitais, axuda a domicilio, e mesmo persoas con necesidades especiais ás que o peche os está matando.

OS ‘BALCONAZIS’

Eses “balconazis” teñen fillos? Realmente pódese dicir que estamos nun inmenso cárcere onde os carceleiros son os propios presos. Con todo, moitos dos que cospen a bilis desde os balcóns, organízanse para ir ao súper a comprar todos os días, ou sacan ao can 18 veces no día. Certo que hai moita improvisación por parte dos gobernantes, algúns levan anos dilapidando os bens públicos, privatizando unha Sanidade que agora estamos a ver imprescindible.

Podes ler o artigo completo de Manuel Díaz no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...