InicioOpiniónDía 31 de corentena: cando restrinxen a enerxía dos nenos e nenas

Día 31 de corentena: cando restrinxen a enerxía dos nenos e nenas

Alguén pensou nos nenos? Que pensarán cando ven desde o balcón que os cans poden saír a pasear e eles non?

PUBLICADA O

- Advertisement -

Manuel Díaz Ares | Durante as semanas de confinamento obrigatorio que pasamos, e as que faltan, tivemos tempo para meditar amplamente sobre a situación, a nosa e a do mundo externo. En realidade moito tempo non, xa que a ansia por “ver” como está a situación do país, a moitos os fai estar ancorados durante horas fronte ao televisor, coa pausa ás 20 h para saír a aplaudir.

O encerramento forzoso presenta complicacións adicionais. Que pasa cos nenos? Alguén pensou nos nenos para algo que non sexa poñerlles tarefas escolares, moitos debuxos e series televisivas? Témolos “enganchados” ás pantallas durante horas e horas. Cando isto acabe os oftalmólogos terán moito traballo. Alguén pensou na necesidade dos nenos de estar en movemento? De respirar aire puro, de tomar o sol? Vistes a un neno sentado nunha cadeira movendo as pernas constantemente? Os nenos necesitan mover a enerxía, son puras fontes enerxéticas. Se lles negamos que a movan acabarán enfermando. E de feito xa empezan a facelo.

Podes ler o artigo completo de Manuel Díaz Ares no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

O PP esixe ao Goberno levar a fibra e o 5G a todo o rural lucense

O senador do PP lucense Manuel Balseiro defenderá este mércores na Comisión de Transformación...

Ratificada por Ferraz a lista para dirixir o PSOE da provincia de Lugo con Lago Lage á cabeza

o PSdeG-PSOE da provincia de Lugo recibiu de forma oficial a conformidade da dirección...

Luz verde a contratar as obras para desdobrar o tramo que concluirá a autovía que unirá Lugo e Sarria

O Goberno galego acordou, na súa reunión semanal, a aprobación da contratación por un...

Lugo estuda sancionar a concesionaria de extraescolares por falta de pagamentos

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo está a estudar posibles accións legais...