InicioOpiniónDía 14 de corentena: a tranquilidade de ter o conxelador cheo

Día 14 de corentena: a tranquilidade de ter o conxelador cheo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey |  “Este vídeo vai dirixido a estes da cidade que están colapsando os supermercados ‘a lo loco’ e que deixan sen alimentos a outros aos que lles fan falta (…) Vouvos ensinar a onde imos ao súper os da aldea, dos que moitos das capitais vos rides e pensades que vivimos no cu do mundo. Sabedes onde imos? Ao conxelador. Que queremos un pito? Pois collemos un pito. Que queremos un conexo? Pois un conexo. E se queremos cagar usamos felga, helechos. Eu fíxeno e tou aquí, non pasa nada”.

Seguro que vistes o vídeo viral de Andrés de Vilas, de Alfoz, con esa retranca e ese  “mariñao” (pito, conexo) inconfundible, no que explica “aos que viñeron fuxindo da pandemia” como se abastece a xente do rural ao longo do ano, e tamén en caso de necesidade. Se non o vistes, tédelo aquí.

A de Andrés paréceme unha explicación brillante sobre a (falta de) soberanía alimentaria, pero estes días pensei se a retranca que utiliza non poderá aplicársenos tamén aos urbanitas que vivimos nas aldeas. Queremos casa grande e aira para que xoguen os nenos pero desertamos do arado. Sabemos poñer as patacas, pero non as poñemos (e iso xa pasaba antes da couza guatemalteca). As familias do campo tiñan porcos, vacas e xatos, coellos, galiñas e o ‘tarreo’. Agora temos gatos na casa e paseamos o can.

Podes seguir lendo o artigo completo de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...