InicioOpiniónDía 6 de corentena: o bingo polas ventás e a polémica das...

Día 6 de corentena: o bingo polas ventás e a polémica das cabras por Monforte

"A cantidade de bulos, noticias falsas, animaladas e pseudociencia que nos chove a través das redes sociais pode ser tan nociva como o propio virus", escribe Andrés Pavón dende o Xornal de Lemos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Andrés Pavón | […] Como en todas as vilas, en Chantada a veciñanza trata de pasar o tempo de confinamento o mellor que pode. Así, os mozos e mozas da Avenida de Monforte organizaron un bingo que celebran nas ventás das vivendas. Unha boa iniciativa que serve para unir e facer tecido social e que xa está a ser copiada noutros lugares.

E algúns —poucos— saímos puntualmente ás 8 da tarde aplaudir nos balcóns o labor impagable que estes días levan a cabo os profesionais da sanidade e demais colectivos que están en primeira liña na loita co coronavirus ou especialmente expostos. Tamén hai quen se ofrece a axudar as persoas maiores ou a coidar cativos… Cada un aporta o que pode e o que se pode.

[…]

O que non sei se acontece no resto de Galicia é o de ver ós propietarios de cans paseando con total calma e sen que ningún corpo ou forza de seguridade lles diga nada ou interrompa o seu desfrute. Será que o can os inmuniza, será que teñen máis dereitos que os demais… Ou será que o goberno bastante ten co coronavirus como para enfrontarse a unha nova batalla nas redes sociais. En cambio, a un veciño de Monforte case o crucifican por levar unhas cabras a pacer. Logo han querer comer cabrito…

Podes ler o artigo completo de Andrés Pavón no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena’ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...