InicioMovementos sociaisA Deputación de Lugo conmemora xunto a AECC o Día Mundial contra...

A Deputación de Lugo conmemora xunto a AECC o Día Mundial contra o Cancro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores no edificio administrativo da Xunta de Galicia nos actos organizados pola Asociación Española Contra o Cancro con motivo do Día Mundial desta enfermidade, que padecen arredor dunhas 300.000 persoas en España. Esta xornada incluíu unha conferencia do paciente Javier Castro, que ofreceu a súa testemuña tras recibir o diagnóstico e, posteriormente, realizouse a lectura do manifesto a cargo do presidente da AECC Lugo, José María Rozas Bello.

Rivera Capón recordou que a Deputación de Lugo mantén unha estreita relación con esta entidade, que ofrece atención psicolóxica, orientación social, logopedia, prevención ou obradoiros grupais -entre outras moitas actividades-, realizando unha achega económica de 10.000€ para colaborar coa atención dos pacientes oncolóxicos da provincia.

Como xesto simbólico de apoio, sensibilización e visibilización da loita contra o cancro, a Deputación iluminou a fachada do Pazo de San Marcos de cor verde, sumándose así ás accións promovidas pola AECC con motivo desta conmemoración.

ÚLTIMAS

Cortada a LU-P-4103 en Pantón por un derrube de terra, alerta a Deputación

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Deteñen en Lugo os presuntos autores dun atraco en Cervantes no que roubaron 70.000 euros

A Garda Civil detivo aos dous presuntos autores dun atraco rexistrado en outubro nunha...

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...