InicioLugo e contornaLugoAberto o prazo de inscrición para a III Edición Exploradores de Terra...

Aberto o prazo de inscrición para a III Edición Exploradores de Terra do Miño

Este programa gratuíto de actividades ligadas á natureza está dirixido a nenos e nenas da provincia, de entre 6 e 11 anos, e celebrarase todos os venres desde o 6 de febreiro e ata o 26 de xuño en horario de tardes, das 17:00 ás 19:00 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo abre este venres o prazo de inscrición da terceira edición de Exploradores de Terras do Miño, o programa gratuíto da institución provincial para formar en educación ambiental aos máis pequenos da casa. Como os anos anteriores, esta iniciativa estará dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos, e terá lugar todos os venres no Centro de Interpretación Terras do Miño a partir do 6 de febreiro.

Facer un herbario con follas recollidas na contorna, aprender a reciclar e a compostar, coñecer o ciclo da auga, recoñecer animais da biosfera ou elaborar un mapa con topónimos serán algunhas das actividades que se desenvolverán entre o venres da semana que vén e o 26 de xuño en horario –agás os festivos 3 de abril e o 1 maio- de 17:00 a 19:00 horas. Situado no entorno fluvial do río Rato, o Centro de Interpretación Terras do Miño é o lugar ideal para que os nenos e nenas poidan desenvolver traballos de sensibilización e concienciación medioambiental.

Este venres, 30 de xaneiro a partir das 8:00 horas, quedará aberto o prazo de inscrición a través da páxina web da institución provincial: inscricions.deputacionlugo.org. A Deputación pon a disposición da cidadanía 20 prazas para este programa de actividades.

Algúns dos obxectivos deste proxecto, que leva dous anos sendo un éxito de participación, son concienciar aos adultos do futuro dos problemas relacionados co medio dunha forma divertida, axudalos a interesarse polo medio ambiente e adquirir aptitudes e actitudes de cara a conservar o medio ambiente, o que implica actuar de forma responsable co entorno natural.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación e a FEGAMP alertan da “presión” da Xunta sobre os concellos coa nova lei local

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, recibiu este martes ao Presidente da...

O alcalde de Lugo nega crise tras a marcha de Reigosa: “Seguimos traballando”

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, quitou relevancia este martes á situación na que...

O PPdeG sobre a reclamación do BNG á Xunta do memorando de Altri: “Estiran o chicle por interese”

O Grupo Popular tombou unha moción do BNG que reclamaba, entre outras cousas, instar...

María Reigosa pasa a ser concelleira non adscrita e deixa en minoría o goberno local de Lugo

A edil de Lugo María Reigosa comunicou este luns a súa decisión de abandonar...