InicioMovementos sociaisAberta a exposición homenaxe a Mirian Vázquez, retratada pola vilalbesa Inma Purriños

Aberta a exposición homenaxe a Mirian Vázquez, retratada pola vilalbesa Inma Purriños

A mostra fotográfica que honra a mensaxe vital de Miriam Vázquez pode visitarse na delegación da Xunta de Galicia ata o 4 de febreiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A enerxía de Mirian Vázquez contida en 32 intres. Esa é a homenaxe da senlleira fotógrafa Inma Purriños, que en forma de mostra pode visitarse na delegación da Xunta de Galicia, na Ronda da Muralla. A exposición replica o optimismo desta xove que endexamais se amedrentou na loita contra o cancro, mudando en referente vital para quen sofre as secuelas da doenza e para toda a sociedade.

A selección de imaxes poderá visitarse ata o 4 de febreiro na sala de exposicións do edificio administrativo, aberta entre as 9 e as 20 horas, de luns a venres. É obra da vilalbesa Inma Purriños, artista que recentemente, canda a súa irmá Yolanda, recibiu tres nominacións aos Goya de fotografía.

O delegado autonómico, José Manuel Balseiro, lembrou con motivo da inauguración o labor dos colectivos e do voluntariado que apoia ás persoas e familias na loita contra o cancro, que foron inspirados e espallaron a forza simbólica de Mirian Vázquez. O exemplo desta xove “emprázanos a construír unha sociedade máis solidaria e comprometida cos que necesitan o noso apoio”.

“Probablemente –continou Balseiro– esta é unha das exposicións máis emotivas de cantas se viron nesta sala”. O enviado da Xunta salientou a “actitude positiva, valente, e o marabilloso sorriso que caracterizou a Mirian durante a súa vida, e moi en especial, na súa loita contra o cancro”.

ÚLTIMAS

O Goberno financia con case un millón de euros a reforma integral do Concello de Vilalba

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, visitou este martes Vilalba para supervisar,...

O PP pedirá a reprobación de Tomé nos plenos da Deputación e dos concellos de Lugo e Monforte

O Partido Popular de Lugo anunciou que nos próximos plenos da Deputación de Lugo,...

Detido en Lugo un home en busca e captura que se escondeu nun armario

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o pasado domingo a un home que...

Vilalba vive unha Feira do Capón multitudinaria pese ao frío

Máis de mil persoas participaron este domingo en Vilalba nunha nova edición da Feira...