InicioMovementos sociaisBye, Bye X, Lugo Xornal deixa esta rede social pola desinformación

Bye, Bye X, Lugo Xornal deixa esta rede social pola desinformación

PUBLICADA O

Lugo Xornal, como xa fixeron outros medios como Galicia Confidencia, The Guardian ou La Vanguardia, deixa a rede X, antes Twitter pola deriva autoritaria detectada nesta plataforma tras a chegada de Elon Musk. Polo tanto,  Lugo Xornal deixará de publicar tuits de forma directa na rede social X e deixará en suspenso as súas contas. Desde a chegada do magnate Elon Musk, esta rede é un altofalante das teorías da conspiración, de noticias falsas e unha plataforma claramente virada a posicións populistas, racistas e vinculadas á ultradereita. A decisión coincide co anuncio de Donald Trump de nomear a Elon Musk como asesor para un Departamento de Eficiencia do Goberno (DOGE), co obxectivo de facer recortes na administración estadounidense, é incompatible con que dirixa unha rede social da magnitude de X. Ese nomeamento político situa a Musk ao carón dos que defenden deportacións masivas e despidos de funcionarios que non son afins as teorías conspiranoicas do futuro presidente. A adquisición de X en outubro do 2022 supuxo xa o despedimento masivo de traballadores que incluíu a supresión do departamento que moderaba os contidos. Os grandes anunciantes que tiña a plataforma abandonárona hai xa tempo. En maio do 2023, X abandonou un programa coa UE para a loita contra a desinformación. De feito, desde entón, multiplicouse a presenza de bots que axudan a propagar a desinformación, tal como aconteceu durante a recente traxedia de Valencia OUTROS MEDIOS TAMÉN ABANDONAN ESTA REDE A decisión de Lugo Xornal ou Galicia Confidencial, que xa viña sopesando esta decisión desde hai algún tempo, coincide coa que xa ixo pública o diario inglés The Guardian e La Vanguardia entre outros medios. Ambos os dous medios de comunicación consideran que permanecer nesta plataforma ten máis efectos negativos que positivos, a pesar dos milleiros, millóns de seguidores que teñen nelas. Previamente xa anunciaran a súa marcha a National Public Radio (NPR), unha organización de medios de comunicación estadounidense sen ánimo de lucro, e a prestixiosa televisión pública de Estados Unidos PBS, que abandonaron X despois de que a rede social as etiquetou como “medios de comunicación afiliado ao Estado”. En datas recentes tamén abandonaron a súa presenza en X o Festival de Cinema de Berlín, e outras institucións como o corpo de policía do norte de Gales, que sinalou que estar nesta rede social non era coherente cos seus valores éticos, e o hospital ortopédico Royal National, que argumentou un “aumento do volume de discursos de odio e comentarios abusivos” para deixar esta plataforma. MÁIS REACCIÓNS Ademais de medios de comunicación, recoñecidos articulistas e persoas vinculadas ao mundo das artes decidiron tamén abandonar esta rede social. Polo momento, dirixentes políticos e partidos da esquerda, nacionalistas ou independentistas non manifestaron a súa decisión de deixar unha rede dominada por un magnate ultra e populista.

ÚLTIMAS

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A montaña de Lugo amence con neve e temperaturas inferiores a -2

Comarcas do leste galego, nas provincias de Ourense e Lugo, anotaron nas últimas horas...

Alertan en Lugo do risco de caída dun menor subido nunha cadeira a un balcón para “contar coches”

Axentes da Policía Local de Lugo desprazáronse, na mañá do pasado martes, a unha vivenda tras...

OPINIÓN: As mulleres traballadoras poderán ampliar o seu permiso de maternidade se encabezan unha familia monoparental

Por nacemento e coidado do menor (o que antes viña sendo o “permiso de...