InicioMovementos sociaisA visión comercial dos medios que perpetúa os estereotipos da muller

A visión comercial dos medios que perpetúa os estereotipos da muller

Mónica Vidal, do Colexio de Xornalistas de Galicia, compara a perspectiva de xénero nos medios de comunicación coa que esixe a audiencia, cada vez máis crítica

PUBLICADA O

- Advertisement -

Mónica Vidal, xornalista da TVG, é actualmente vogal do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Co gallo do 25-N, día contra as violencias de xénero, este colectivo renova o seu compromiso coa mellora do tratamento informativo e recalca a necesidade de botar man de manuais e guías de referencia que recollen recomendacións sobre como abordar o asunto da violencia machista. A Declaración de Compostela, por exemplo, foi un documento pioneiro que asinaron unhas 70 persoas aló polo 2004. Nel, ademais de facilitarse unha guía de práctica informativa, sinalábase a responsabilidade dos medios de comunicación na loita contra esta lacra.

Se ben Mónica Vidal non participou na elaboración dese texto, si que o fixo naqueloutro que leva por nome informa_Dor e que enuncia unha serie de consellos á hora de tratar asuntos que impliquen o sufrimento dos protagonistas: suicidio, saúde mental, persoas desaparecidas… E tamén, claro, violencia contra a muller.

 O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é un organismo que se pronuncia continuamente sobre como deben tratar os medios os casos de violencia machista. Que ocorre no ámbito mediático para que siga facendo falta que alguén lembre cal é a forma correcta de facelo?

Dende o Colexio estamos volvendo a recuperar todo o traballo que se fixo nos últimos anos nese sentido: recomendacións sobre como tratar estes temas, decálogos… Falouse de como inflúen a precarización e a crise no tratamento dos temas en relación á muller. Ten que ver con todas as eivas que está tendo o xornalismo nos últimos tempos. Inténtanse facer formatos máis baratos: cada vez hai menos tempo para facer reportaxes e máis para debates. Chámase a catro contertulios que opinan de todo e xa está, xa todo o mundo fala de calquera cousa. No tema da muller nótase que falta moita especialización. Ademais, moitas veces os convidados só son homes. Unha das cousas que denunciamos é que aínda falta a presenza da muller.

– Como xornalista, cal é a túa percepción sobre o actual tratamento da violencia de xénero nos medios?

Aínda se seguen reproducindo moitos estereotipos dos roles de xénero, sobre todo con asuntos coma o da Manada, Diana Quer… Están volvendo a saltar eses resortes que cuestionan o papel da muller. Iso segue sucedendo, pero a min gustaríame dar unha mensaxe positiva. Estes días estou revisando cousas de hai dez ou quince anos e realmente si que se nota un avance. Penso que quedan moitas eivas, pero hai un progreso claro.

– Que che fai pensar que as cousas van mellor ao ler eses textos?

Persisten moitas eivas. Hai que ter iso claro e loitar contra elas. Non se trata de ser conformistas. Pero, por exemplo, lembrei un evento –entre comiñas– que tivera que cubrir eu hai 16 anos, relacionado cunha asociación nacional de locais de alterne. Este tema volve estar moi en voga polo debate da prostitución. Daquela utilizábanse as mesmas falacias ca agora, coma a da libre elección, pero é completamente diferente o modo no que se recollía iso daquela e como se recolle agora. Textos que entón non lle chamaban a atención a ninguén, hoxe serían completamente inadmisibles e obxecto de denuncia.

Hai unha masa crítica de xente que comeza a ser consciente de cando un medio de comunicación fai un enfoque no que falta esa perspectiva de xénero, e que reclaman e apuntan que se está culpabilizando a muller ou que se está banalizando a violencia. É un traballo de dobre sentido: xornalistas –sobre todo mulleres– que están esixindo ese tratamento; e unha masa de consumidores de información que xa non tragan con todo iso. Estannos esixindo que esteamos á altura.

Le a entrevista completa no GaliciaConfidencial

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...