InicioMovementos sociaisO rural de Lugo organízase coa ollada posta na creación dun partido...

O rural de Lugo organízase coa ollada posta na creación dun partido político para as municipais

Interior Galego Vivo pretende vertebrar propostas para ser implementadas no eido da política municipal.

PUBLICADA O

O rural, ou parte del, comeza a organizarse xa con vistas a organizarse coma partido político. O vindeiro sábado, 7 de maio, en Antas de Ulla, haberá unha nova xuntanza do movemento cidadán Interior Galego Vivo (IGV), que leva desde 2015 organizando distintas protestas por falta de infraestruturas no rural.
Era o 4 de maio do 2019 en Belesar cando dez candidaturas municipalistas do interior galego comprometíanse de xeito público a traballar cooperativamente en alternativas de vida e traballo digno para as comarcas do interior galego. Dende aquel entón, o colectivo non deixou de medrar e comezou a promover e integrar diferentes liñas de traballo a través da colaboración entre os diferentes concellos con representación na plataforma.
“Unha formación social e política para facer fronte ao despoboamento que induciron nas nosas parroquias e vilas do interior; para confrontar os desequilibrios territoriais; para deter as agresións ao territorio e pular pola mellora da súa ordenación”, indica Interior Galego Vivo nun comunicado. O seu obxectivo é denunciar a mingua ou supresión de servizos nas comarcas envellecidas, “que deterioran as condicións de vida das nosas xentes e que negan oportunidades formativas e laborais á nosa mocidade”.
Nesta V asemblea de Antas darase prioridade a construción dunha ferramenta organizativa que poida tamén presentarse ás vindeiras eleccións municipais. “É vital tecer rede con diferentes colectivos e persoas e construír unha organización cunha dinámica regular que elabore na praxe un programa común e alternativas para actuar na instancia política a prol da nosa xente e da nosa Terra”, indica.
Nesta xornada, ademais, falarase de agrogandeiría, coidados, vivenda, transporte, fondos next generation, lecer, xuventude e soberanía alimentar. Cada mesa aborda varios temas que comparten aspectos entre sí, para que, dese xeito, tamén as propostas verquidas poidan ser entendidas dun xeito global. Xa á tarde, a xuntanza rematará cunha posta en común de conclusións do traballo da mañá e tamén unha pequena camiñada polas terras da Ulloa.
+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...