InicioMovementos sociaisCaravana de coches ao Parlamento de Galicia en defensa do colexio de...

Caravana de coches ao Parlamento de Galicia en defensa do colexio de Baamonde

A ANPA concentrarase no Hórreo o martes 9 de marzo, día no que o PSdeG defenderá unha iniciativa para o mantemento do centro educativo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ANPA do Ceip de Baamonde convoca unha caravana de vehículos dende esta localidade ata Santiago de Compostela, onde se dirixirán ao Parlamento de Galicia para reivindicar a continuidade do centro educativo. Será o vindeiro martes 9 de marzo a partir das 16:30 horas.

Os coches partirán do colexio e seguirán pola N-VI, dirección Guitiriz. Alí, veciñanza de Pígara sumarase á protesta, pero sen continuar fóra do termo municipal debido ás restricións sanitarias neste concello. A caravana seguirá pola N-VI ata enlazar coa N-634 rumbo Santiago. Unha vez alí, prevese dar unha volta arredor do Hórreo para finalmente concentrarse ás portas.

Alí, ás 18:30, o deputado socialista Luis Manuel Álvarez Martínez defenderá unha iniciativa sobre o mantemento do Ceip de Baamonde e para desbotar calquera posibilidade de desafectar o centro, dado que “o número actual de alumnos se sitúa seis veces por enriba do criterio establecido para pechar un centro educativo en Galicia”.

asociación de veciños de Baamonde habilitará un autobús gratuíto se se chega a un mínimo de prazas. As persoas interesadas poden apuntarse no Madia Leva ou no Super Onda de Baamonde antes do luns ás 18:00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

A edil non adscrita, María Reigosa, permite aprobar os orzamentos de Lugo co seu voto

O goberno local de Lugo logrou sacar adiante de forma definitiva os orzamentos para...

O PSdeG acusa á Xunta de “falta de planificación” ante a “deterioración” da Atención Pirmaria en Lugo

O PSdeG advertiu este xoves do progresivo empeoramento da atención primaria na provincia de...

O xulgado anula unha ordenanza do Concello de Outeiro de Rei que vulneraba o dereito do BNG a defender as súas emendas

A maxistrada da praza 1 da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de...

O Plan Deputación prevé 300 actuacións e máis de 270 novos empregos nos 67 concellos

O goberno provincial de Lugo levará ao pleno ordinario do mes de marzo o...