InicioMovementos sociaisAlfonsina Storni, a voz que grita

Alfonsina Storni, a voz que grita

Helena González, de Bisagras de Papel, explora a voz na poesía desta autora, que dixo: 'Abonda xa!' Calquera persoa que investigue na súa historia de familia poderá atopar pegadas da violencia secular exercida contra as mulleres. Pero tamén encontrará voces que gritan. Todas temos, alomenos, unha Alfonsina na familia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Moitas veces pregúntome quen son todas esas persoas que viviron antes ca min. Dalgunhas teño nomes e datas, fotografías ou descricións físicas e relatos repetidos, unha e outra vez. Doutras teño a lembranza do seu tacto, dunha  voz que se creba, de palabras en desuso e de olores antigos.

Pero, que hai do que non se ve? Quixera saber que porción do que e do como das miñas accións teñen o recendo de Casilda, Elvira e Dolores e doutros nomes esquecidos.

E, nese instante, teño a certeza de que ben puidera ser que a miña voz fose unha ferramenta de expresión,do que non se dixo anteriormente, de dores antigas e ancestrais que se perden na noite dos tempos. E que as miñas mans e todo o meu corpo estean a executar movementos imposibles, antes vetados para elas. Sinto que estou moi preto de Alfonsina Storni , esa muller que hai xa cen anos berraba e incomodaba coas súas “chillonerías de comadrita” . A súa era unha voz poética, que poñía fin a séculos e séculos de “ti non podes”, de “caladiña estás máis guapa” e outras ladaíñas.

Alfonsina Storni paseando pola rambla de Mar de Plata, no 1936.

“Irremediablemente” (1919)

“Pudiera ser que todo lo que en verso he sentido

no fuera más que aquello que nunca pudo ser,

no fuera más que algo y reprimido

de familia en familia, de mujer en mujer.

 

Dicen que en los solares de mi gente, medido

estaba todo aquello que se debía hacer…

 

Dicen que silenciosas las mujeres han sido

de mi casa materna… Ah, bien pudiera ser…

 

A veces en mi madre apuntaron antojos

de liberarse, pero se le subió a los ojos

una honda amargura, y en la sombra lloró.

Y todo esto, mordiente, vencido, mutilado,

todo esto que se hallaba en su alma encerrado,

pienso que sin quererlo lo he libertado yo”

[ Do blog Bisagras de Papel ]

 

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...