InicioMovementos sociaisO colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo critica a Podemos por ignorar...

O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo critica a Podemos por ignorar o uso de galego en Castela e León

Di que pretende presentar unha proposición non de lei sobre a aprendizaxe do leonés nas Cortes de Castela e León, sen ter en conta o galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo critica a Podemos de Castilla y León por ignorar a presenza do galego nesta comarca históricamente galegofalante. Nesta iniciativa, a formación morada pide que se fomente a aprendizaxe do leonés, pero non a do galego ou a do euskera.

Podemos xa presentou unha proposición non de lei (PNL) sobre o leonés, en 20016, que foi finalmente rexeitada polas Cortes autonómicas. Nesta ocasión volve presentar a PNL para que se aprobe unha Lei de protección, uso e promoción da lingua leonesa. “Resulta lamentable que o lider Pablo Fernández defenda esa política tan provincialista e restritiva que ignora a realidade plurilingüística de Castela e León”, apuntan desde Fala Ceibe.

Nun comunicado, esta asociación lémbralle a Podemos que na Comunidade de Castela e León “existen varias linguas minoritarias, o leonés, o galego do Bierzo e Sanabria e o eúscaro do condado de Trebiño e norte de Burgos”. “Non ter en conta esta realidade interlingüística demostra a ignorancia cultural e política de Pablo Fernández”, engade.

POR UNHA LEI DE LINGUAS DE CASTELA E LEON

Fala Ceibe do Bierzo demanda a presentación dun anteproxecto de Lei de linguas de Castela e León. Esta lei, di, deberá ter en conta a presenza secular de falantes das tres linguas minoritarias: leonés, galego e eúscaro. Ademais, reclama que o articulado desta lei autonómica ten que contar cos apartados referidos aos dereitos, individuais e colectivo, territorialidade, toponimia, administracións locais, medios de comunicación ou novas tecnoloxías.

“As tres linguas minoritarias comentadas non poden pervivir illadas nos seus territorios. Por iso deberíase recoller o dereito a establecer relacións extraterritoriales coas súas respectivas comunidades lingüísticas, casos de Asturias, Galicia, Portugal ou Euskadi. De aí a posibilidade de establecer convenios ou protocolos de colaboración, en materia lingüística, con estas Comunidades Autónomas veciñas”, engade.

Por iso, incide en que esa Lei de linguas minoritarias tamén debería recoñecer a posibilidade de usalas nas Cortes de Castela e León ou ante o Procurador do Común. E pide que o Instituto Leonés de Cultura ou o Instituto Castelán e Leonés da Lingua realicen actividades culturais a favor destas linguas minoritarias.

Insiste, Fala Ceibe, que coa aprobación futura desa Lei de linguas minoritarias de Castela e León trataríase de conseguir un mellor cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias que foi ratificada polo Reino de España a través do Instrumento de Ratificación (BOE 16 de setembro de 2001).

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...