InicioMovementos sociais"Pensamos que en Lugo non hai desafiuzamentos, pero a realidade é outra"

“Pensamos que en Lugo non hai desafiuzamentos, pero a realidade é outra”

Unha plataforma cidadá contra os desaloxos denuncia a "normalización" destas actuacións e a "desidia" das administracións. Por iso, reclaman un censo de vivendas baleiras que axuden a paliar o problema.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo lamentou a “normalización” dos desaloxos por parte da sociedade e denunciou a “desidia” das administracións para facer fronte ao problema e “recuperar as vivendas baleiras sen uso”.

A plataforma ofreceu unha rolda de prensa este venres na capital lucense na que presentou un novo grupo de xente que levará a cabo unha campaña de denuncia pública para visibilizar o aumento de desafiuzamentos entre a mocidade, familias monomarentais e pensionistas, todos eles colectivos “moi precarizados” polos baixos ingresos.

A presidenta da Plataforma, Mina Galván, lamentou que “co tempo” téndese “a normalizar o problema dos desaloxos”. “Pensamos que na nosa cidade non existen, pero a realidade é outra”, engadiu. Nesta nova etapa, Stop Desafiuzamentos vai incrementar a denuncia pública para “tentar solucionar a falta de vivenda alcanzable e vai chamar a atención sobre a desidia das institucións para recuperar as vivendas baleiras sen uso”. Con isto, pretenden “ofrecer alternativas á xente con problemas de aloxamento e dar vida ás casas que se están caendo na cidade”.

Mina Galván avanzou que o novo equipo de traballo tamén vai reclamar ao Concello de Lugo “de forma moi activa” que se realice “un censo de vivendas baleiras para tentar paliar o problema”. Así as cousas, a plataforma, que decidirá o seu portavoz en asemblea, prevé conformar áreas de responsabilidade de carácter rotatorio co obxectivo de “dinamizar” o traballo e que os seus integrantes poidan involucrarse en “todos” os sectores.

ÚLTIMAS

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...

Ferida unha persoa en Begonte tras caer nunha cuneta co seu tractor e quedar atrapada

Unha persoa resultou ferida tras caer nunha cuneta co seu tractor e quedar atrapada...

Ferida unha persoa ao sufrir queimaduras por mor dun incendio na súa vivenda en Monterroso

Unha persoa resultou ferida ao sufrir queimaduras por mor dun incendio na campá extractora...

O Goberno ratifica que “nas próximas semanas” abrirá o tramo Melide-Palas de Rei da A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ratificou que "nas próximas semanas" abrirá o...