InicioMemoria HistóricaVilalba avanza no proceso de desterrar a simboloxía franquista das súas rúas

Vilalba avanza no proceso de desterrar a simboloxía franquista das súas rúas

O Concello comezará por elaborar unha listaxe de todos os bens públicos que incumpren a Lei de Memoria Histórica

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno de Vilalba revisará o rueiro e outros bens públicos con referencias e simboloxía franquista que aínda permanecen no municipio para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica.

O primeiro paso do goberno socialista deste municipio no que naceu o expresidente da Xunta e fundador do PP, Manuel Fraga Iribarne, será realizar un catálogo que recolla os elementos que incumpren esta norma tanto no viario público como noutros bens, paso previo marcado pola lei para a súa retirada.

Diso informou o Concello de Vilalba nun comunicado, no que sinala que, segundo o artigo 15 da Lei 52/2007, as administracións públicas, no exercicio das súas competencias tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura.

O Consistorio asume o compromiso de realizar un informe sobre os elementos que aínda permanecen na localidade con simboloxía franquista, con nomes de persoas vinculadas polas súas condutas ou traxectorias a este momento histórico.

Neste sentido, desde o Goberno local deron este primeiro paso no recoñecemento da dignidade das vítimas do franquismo co fin de facer valer os principios de verdade, xustiza e reparación para “pór un punto e final ao franquismo” neste municipio.

Vilalba non pode ser unha excepción ao cumprimento da Lei de Memoria Histórica”, sinalou o Concello, que incide en que “non existiría” no pobo unha democracia plena sen revisar os vestixios dunha ditadura que marcou un episodio negro en todas as localidades do país”.

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...