InicioMemoria HistóricaBisagras de Papel: Castropol... A memoria roubada

Bisagras de Papel: Castropol… A memoria roubada

Lugo Xornal inicia unha nova colaboración. Desta volta, da man de Helena González Vázquez de Bisagras de Papel, un proxecto que remexe na historia e na intrahistoria para coñecer a orixe familiar dos lucenses. 

PUBLICADA O

- Advertisement -

A primeira vez que ouvín falar do campo de concentración de Castropol foi durante unha investigación familiar. Naquela ocasión, e sen saber moi ben porqué, decidín buscar á bisavoa da miña clienta na listaxe de vítimas da represión franquista na provincia de Lugo, entre os anos 1936-1940, elaborada pola investigadora e historiadora, María Jesús Souto Blanco.

Así que probei coa inicial do seu apelido e de súpeto, voilà…A nosa muller estivera presa no cárcere de  Lugo, entre xaneiro e abril de 1940, para logo ser conducida ó campo de concentración de Figueras-Castropol. Tiña corenta anos e era nai solteira, de catro. O seu delito: auxiliar a fuxidos. Ese mesmo delito é o que conduciu a centos de mulleres e incluso nenos e nenas de Asturias, Galicia e León a este campo, ubicado no extremo noroccidental de Asturias, moi cerca da praia de Arnao.

A partir de 1939, deixou de ser un campo de prisioneros de guerra para mudar nun de “presos gubernativos”, no que se aloxaron principalmente familiares e persoas, que colaboraban co maquis.  E cando digo aloxaron, son consciente de que non utilizo a palabra adecuada, xa que se trataba dunha reclusión forzosa, en condicións infrahumanas.

Alí penou a nosa muller, durante un tempo, no sei canto, xa que non tiven acceso a máis información. A súa rutina diaria transcurriría entre izados de bandeira, “Caras al sol”, escasas comidas, frío e chuva. A esto habería que engadir  o traballo forzoso de apañar pedras na ría e cargalas en cestos, para construir unha estrada cercana.

Hoxe en día, non é doado ubicar o lugar, onde se levantaron eses tres barracóns. Puiden topar unha referencia no mapa interactivo de “Los campos de concentración de Franco”, elaborado por Carlos Hernández de Miguel, con motivo da publicación do seu libro.

Pola contra, na web oficial de Turismo de Asturias , non hai espazo para a memoria… Sería bonito que os turistas que visitan lugares da Mariña Lucense, como O Fuciño do Porco, en O Vicedo,  As Catedrais ou parque etnógrafico do Cargadoiro en Ribadeo, cruzasen a ría,  para coñecer a historia daqueles homes, mulleres e nenos, que malviviron alí, a escasos metros da praia de Arnao.

Non é necesario, que se adentren na zoa recreativa, onde se alza un monolito de pedra, cheo de pintadas, nin que observen o campo de tiro veciño, onde tamén estivo ubicado, parte do recinto. Todo o que alí topen, será decepcionante. No seu lugar, recomendo un paseo á beiriña do mar, no que abran o seu corazón, a esa parte da memoria colectiva que nos teñen roubado.

Bisagras de Papel

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ó goberno local de “improvisación” e “falta de xestión” na regularización de terrazas

O PP de Lugo acusou este sábado ao goberno local de "improvisación" e "falta...

Falece un home de 62 anos tras chocar o seu vehículo contra unha árbore en Abadín

Un home de 62 anos faleceu á primeira hora deste sábado nun accidente de...

Un condutor borracho e drogado foxe tras ter un accidente e choca contra seis coches aparcados na rúa das Fontes

Un condutor ebrio foi interceptado pola Policía Local tras fuxir dun accidente e chocar contra seis...

O PP pide ao Goberno que “amplíe prazos e orzamentos” para a rehabilitación dos barrios da Milagrosa e Feijóo con fondos europeos

A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, e a deputada lucense no...