InicioLugo e contornaC's defende a caza como un "instrumento fundamental" para conservar a fauna

C’s defende a caza como un “instrumento fundamental” para conservar a fauna

Esta formacjión insiste en que se converteu na "primeira forza política" en achegarse á sede da Federación Galega de Caza. Compite con Vox e co PP por atraer a estes votantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato de Ciudadanos ao Congreso pola provincia de Lugo José Manuel Blanco e o número dous pola Coruña, María Vilas, reuníronse coa Federación Galega de Caza para “escoitar as súas demandas” nun acto onde Blanco valorou a caza como “un instrumento de xestión fundamental” para a conservación tanto de poboacións de especies de fauna, como de especies naturais.

Tal como destacou a organización laranxa nun comunicado, C’s converteuse na “primeira forza política” en achegarse á sede da Federación, onde asegurou que desde a formación reafírmanse en considerar a caza como un “subsector económico relevante no conxunto do sector primario, tendo en conta da súa capacidade para xerar renda e emprego”.

Blanco transmitiu o posicionamento de Cs e considerou “oportuno continuar no esforzo de simplificar o acceso ás licenzas autonómicas, así como para difundir e potenciar a licenza interautonómica de caza e pesca e promover a adhesión ao convenio regulador da mesma por parte das comunidades autónomas”.

Unhas medidas que teñen o obxectivo, segundo o candidato de Cs, de reducir cargas administrativas e facilitar o exercicio da caza e a pesca en calquera parte do territorio nacional con “estrita observación da lexislación correspondente”.

ESPAZOS DE ENCONTRO

Doutra banda, tamén pediu que se establezan espazos de encontro cos representantes do sector para coñecer os problemas que puidesen xurdir coa actividade e tamén para utilizar a súa información e coñecemento para buscar as oportunas solucións.

Así mesmo, o número dous ao Congreso pola Coruña, María Vilas, insistiu que desde Cs “defende a caza e a pesca reguladas”, polo que a asociación “vai facer unha nova Lei de Caza e Pesca reguladas e impulsará o recoñecemento dunha soa licenza en toda España”.

Vilas lembrou que a actividade da caza xera “riqueza e emprego” pero tamén “axuda a que a xente se poida quedar no rural”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...