- Advertisement -
Un helicóptero e dous avións participan desde esta tarde na extinción dun incendio forestal declarado preto da cidade de Lugo, concretamente na parroquia de Bóveda.
O lume iniciouse ás 16.54 horas. Ademais dos medios aéreos, nas tarefas de extinción están a traballar dous axentes, sete brigadas, cinco motobombas e unha pa.
O fume é visible desde diferentes puntos da cidade e causou alarma entre os cidadáns debido á súa proximidade.
