Un incendio forestal en Xermade afectou a catro hectáreas tras iniciarse ás 16.19 horas e quedar estabilizado sobre as 19.58 horas, segundo o parte facilitado pola Consellería do Medio Rural.
O mesmo foi na parroquia de Lousada, do citado municipio, e ao lugar desprazáronse catro axentes, un técnico e oito brigadas. Tamén se utilizaron catro motobombas, dúas pas, catro helicópteros e tres avións, precisaron desde o departamento autonómico.
Pola súa banda, desde a Delegación do Goberno en Galicia sinalaron que por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico despregouse un helicóptero.
Isto, precisan, traballando de forma coordinada co dispositivo da Xunta de Galicia para apoiar as tarefas de control e extinción do lume.
