InicioMedioambiente e PatrimonioUn voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

O xuvenil, atopado exhausto en Lugo e recuperado no centro do Veral, foi liberado tras superar unha deshidratación leve e recuperar a forza e autonomía necesarias para sobrevivir no medio natural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de voitre negro que foi rescatado en San Froilán (Lugo) e trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre (CRFS) do Veral para o seu tratamento e rehabilitación. Segundo detallou o Executivo galego nun comunicado, o exemplar, un xuvenil de aproximadamente un ano de vida e 4,5 quilos de peso, estaba moi débil cando foi localizado. Presentaba unha baixa temperatura corporal e unha lixeira deshidratación, pero non tiña nin fracturas nin feridas.

Unha vez no centro de recuperación de fauna, o exemplar “deu rapidamente” mostras de recuperación e ás poucas horas comezou a alimentarse de forma autónoma. No centro de recuperación estivo o tempo “estritamente necesario” para que a súa volta o medio natural se realizase en condicións de subsistir por si mesmo no medio natural. A Xunta, para a súa liberación, tivo en conta tanto as medidas hixiénico-sanitarias para evitar a introdución de enfermidades ou patóxenos no medio natural como as condicións ambientais.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...