InicioMedioambiente e PatrimonioLugo acusa á Xunta de deixamento no control do xabaril e da...

Lugo acusa á Xunta de deixamento no control do xabaril e da velutina

O Concello de Lugo reclama máis medios e unha planificación real para frear unhas pragas que afectan á seguridade, á biodiversidade e á economía local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo denunciou que o control de pragas levado a cabo pola Xunta de Galicia é “deficiente” e reclamou máis traballo para facer fronte ao xabaril e a vespa velutina e as pragas forestais. Nun comunicado, a portavoz municipal Ana González Abelleira anunciou que o Goberno local instará formalmente á Xunta a aumentar os recursos humanos, técnicos e económicos para o control de pragas no municipio.

A portavoz explicou que o Concello instará o Goberno autonómico a realizar un traballo “máis rigoroso e planificado” para pór coto ás especies fóra de control e que “asuma dunha vez as súas competencias”. A portavoz alertou de “falta de medios e de previsión” por parte da Consellería de Medio Rural para facer fronte a un problema que, segundo asegurou, “afecta en Lugo á saúde ambiental, á seguridade cidadá e á economía do territorio”.

Abelleira reclamou á Xunta que presente especial atención no termo municipal ao control da poboación de xabaril, ante os “danos cada vez máis evidentes en zonas verdes e na contorna periurbana”, así como polo “perigo” que estes animais representan para a seguridade viaria. “Levamos anos nunha situación semellante sen que a Xunta mova un só dedo. Cada vez son máis frecuentes as incidencias en estradas e vías de circulación causadas por xabaríns, e a falta de actuación preventiva está a xerar un problema”, advertiu.

VELUTINA

A responsable municipal incidiu tamén na necesidade de reforzar os medios para a loita contra a vespa velutina, “unha especie invasora que continúa expandíndose de forma acelerada”. “Non podemos seguir improvisando cada verán con campañas de emerxencia. É imprescindible unha planificación estable e con recursos suficientes para conter unha praga que afecta á biodiversidade e tamén á actividade económica, especialmente á apicultura“, trasladou.

A portavoz considerou que deben reforzar a asignación orzamentaria para a eliminación de niños e facer un traballo planificado “ao longo de todo o ano”. Así, lamentou a “falta de investimento autonómico nestas dúas frontes” e asegurou que a política de “tapar buracos” e actuar “só cando o problema xa é grave non é unha estratexia, é unha mostra de deixamento”.

Fronte a iso, sostivo que a prevención e a planificación a longo prazo son as únicas ferramentas eficaces para reducir o impacto das pragas e garantir a conservación do territorio. Neste sentido, dixo que o sector forestal sofre tamén as consecuencias dun incremento notable das pragas que afectan a especies emblemáticas como o carballo.

Así as cousas, pediu ao Goberno galego que estableza unha folla de ruta clara, dotada de recursos técnicos e económicos suficientes, que garanta un control real e sostido no tempo das especies invasoras e das pragas forestais, e que implique aos concellos e ás entidades do sector na definición das medidas.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...