InicioMedioambiente e PatrimonioRescatan un raposo atrapado nunha xanela nun edificio de Lugo

Rescatan un raposo atrapado nunha xanela nun edificio de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo, en colaboración co servizo de Bombeiros, rescataron a un raposo que se atopaba atrapado no bordo dunha xanela. A intervención tivo lugar na mañá do pasado sábado, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un edificio da rúa Augas Férreas, pola presenza deste animal nunha das xanelas do inmoble.

Ao lugar acudiu tamén un axente ambiental e unha dotación de bombeiros que, co lazo da dotación policial, lograron rescatar san e salvo ao raposo. Por outra banda, mentres estaba despregado este dispositivo, dous individuos que circulaban nun coche por esa rúa detiveron o vehículo en dobre fila e baixáronse para facer fotos do rescate desde o medio da calzada.

Cando foron requiridos polos axentes para que se apartasen cara á beirarrúa, os individuos responderon de forma irrespetuosa, con expresións como “porque tes uniforme, que se non…” ou “estes novatos pensan que se van a comer o mundo“. Por estes feitos, os axentes pedíronlles a súa documentación para identificalos e foron propostos para sanción por infracción á lei de protección da seguridade cidadá, por falta da debida consideración e respecto a un axente da autoridade.

ÚLTIMAS

Denunciado un mozo por desobediencia por criticar unha detención policial

Un mozo de 18 anos de idade foi denunciado en Lugo por un suposto...

O orzamento do Concello de Lugo destina nove millóns de euros a investimentos

O Goberno municipal de Lugo, por medio da alcaldesa socialista, Paula Alvarellos, e o...

Galardón para as Audioguías dos Ancares que entran nun catálogo dos mellores camiños sonoros do mundo

'Vos Andares' é unha serie de viaxes sonoras creada por artistas de diferentes ámbitos...

Lugo Monumental denuncia ante a Valedora a venda de falsificacións nos postos de San Froilán

A asociación Lugo Monumental levou ante a Valedora do Pobo a venda de produtos...