InicioMedioambiente e PatrimonioJosé Tomé manifesta o seu rexeitamento á planta de Coeses: "Nós queremos...

José Tomé manifesta o seu rexeitamento á planta de Coeses: “Nós queremos industrias na provincia, pero non así”

O presidente da Deputación de Lugo asegurou tras o encontro coa plataforma cidadá 'Lugo non quere cheiros' que "o dano ambiental e para a saúde" que pode provocar a instalación da planta tan preto das casas "non é proporcional aos beneficios que din que pode ter".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, manifestou este xoves en Lugo o seu firme rexeitamento á instalación da planta de biometano proxectada na parroquia lucense de Coeses polo seu impacto ambiental e os seus efectos adversos para a saúde dos veciños das zonas afectadas. Fíxoo tras manter unha reunión este xoves nas instalacións do Pazo de San Marcos cunha vintena de representantes da plataforma cidadá ‘Lugo non quere cheiros’, que encabeza o movemento de oposición á instalación da planta de tratamento de residuos orgánicos.

Tomé, que trasladou aos representantes da plataforma que a institución provincial tomará parte na manifestación de rexeitamento ao proxecto convocada para este venres ás 20.30 horas na praza Horta do Seminario da capital, asegurou tras o encontro que “o dano ambiental e para a saúde” que pode provocar a instalación da planta tan preto das casas “non é proporcional aos beneficios que din que pode ter”. “Nós queremos industrias na provincia, pero non así”, sentenciou o presidente da Deputación de Lugo, para acto seguido reiterar o apoio institucional brindado á plataforma ‘Lugo non quere cheiros’ e ás súas reivindicacións encamiñadas a paralizar o proxecto.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...