InicioMedioambiente e PatrimonioNovos achados no xacemento do S.IX AC de Pobra de Brollón apuntan...

Novos achados no xacemento do S.IX AC de Pobra de Brollón apuntan ao colapso de edificacións por un incendio

O descubrimento de fragmentos cerámicos e restos de cereal podería achegar valiosa información sobre o colapso das edificacións e a vida na época.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Novos achados no xacemento do S.IX AC localizado en Penas do Castelo, parroquia de Salcedo, na Pobra do Brollón apuntan a que un lume podería provocar o colapso de edificacións. Este venres, o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda, visitaron o xacemento para ver de primeira man os novos achados.

Segundo explica o concello nun comunicado, a campaña, a cuarta xa no xacemento, ten dous obxectivos. Por unha banda, “consolidar as partes máis expostas da muralla” e, por outro, escavar unha gran sonda no interior do xacemento. É precisamente esta sonda interior a que revelou os últimos avances.

Ata o momento, apuntan, sabíase que da existencia dun xacemento complexo, de tipoloxía “pouco común” e cunha muralla monumental. Apuntan que foi nos traballos da muralla onde se puideron realizar, na campaña de 2021, dataciones por radiocarbono que resultaron en torno ao século IX AC, é dicir, da época en que se empezan a construír os primeiros castros.

Na campaña actual, ampliouse unha pequena sonda previa no interior do xacemento na que aparecera un nivel de derrube de pallabarro (construción que mestura palla e barro), onde agora se está obtendo nova información.

NOVAS VASIJAS E FRAGMENTOS

Ao comezar a retirar o nivel derrubado, aparece unha “boa cantidade” de fragmentos cerámicos en “un moi bo estado de conservación”. Trátase de dúas vasijas cerámicas practicamente completos e outra gran cantidade de fragmentos por determinar. Ademais, nun deles aparecen grans de cereal por determinar e restos concrecionados nas paredes interiores do mesmo.

Os restos de sementes, así como as concrecións e numerosos carbonos serán estudados e analizados en laboratorio. Destacan que poderían achegar dataciones para o momento de uso do xacemento. Os fragmentos cerámicos serán tratados pola restauradora Alba Losada, que tentará reconstruír as pezas e a partir de aí, poder coñecer a súa tipoloxía e cronoloxía.

Estes achados son fundamentais para entender mellor o xacemento“, apuntan desde o equipo arqueolóxico. “O que nos contan por agora é que no lugar debeu de haber un lume que fixo colapsar as paredes de pallabarro. Esta parede cae sobre o que había no interior desta edificación, deixándoo todo selado e nun gran estado de conservación”, explican.

Os traballos continuarán durante a próxima semana, cando se retirará o nivel de pallabarro. Lembran que a escavación pode visitarse por parte do público xeral en horario de mañá, confirmando a visita no teléfono 622952078.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...