InicioSociedadeUn veciño de Melide sería o autor de varios incendios nunha mesma...

Un veciño de Melide sería o autor de varios incendios nunha mesma zona da Serra do Careón

Os axentes do Equipo Multidisciplinar de Investigación de Incendios Forestais (EMIIF) iniciaron as pescudas tras a reiteración de incendios nesa zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un veciño de Melide, de 33 anos de idade, como suposto autor dun delito continuado de incendio forestal, por incendios rexistrados en agosto do ano pasado na zona de Serra do Careón en Palas de Rei. Os axentes do Equipo Multidisciplinar de Investigación de Incendios Forestais (EMIIF) iniciaron as pescudas tras a reiteración de incendios nesa zona.

Para iso valéronse do uso de novas tecnoloxías aplicadas á investigación das causas de incendios forestais e, tras case un ano de traballo, puideron comprobar que eses lumes se iniciaban pola aplicación dunha fonte calorífica nunhas áreas previamente delimitadas pola persoa investigada. A investigación foi dirixida e coordinada polo xulgado de instrución 1 de Chantada.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...