InicioMedioambiente e Patrimonio(Vídeo) Así quedou unha mámoa protexida en Navia de Suarna, cun gran...

(Vídeo) Así quedou unha mámoa protexida en Navia de Suarna, cun gran buraco de case medio metro de profundidade

ADEGA e Mariña Patrimonio alertan da posible desaparición da Medorra da Seara do Campelín en Navia de Suarna.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As asociacións solicitan ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural que se realice unha investigación para comprobar estes feitos.

 ADEGA e Mariña Patrimonio alertan da posible desaparición da Medorra da Seara do Campelín e demandan a apertura de expediente sancionador, no caso de que se comproben os feitos. A Medorra da Seara do Campelín, situada na parroquia de Cabanela, en Navia de Suarna, é unha mámoa catalogada pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural dende o ano 1992.

Nas últimas actualizacións dos visores de ortofotografías podemos ver imaxes de satélite e aéreas captadas no ano 2023, onde se aprecia claramente a existencia de movementos de terras nunha pequena área que coincide xusto co lugar onde a Dirección Xeral ten catalogado a Medorra da Seara do Campelín.

Neste lugar, recentemente corroboramos que se realizaron movementos de terras e que na actualidade, no canto da Medorra da Seara do Campelín, hai un buraco de aproximadamente 15 por 7 metros e uns 40 cm de fondo, que chega ata o sustrato rochoso.

Debido a que estes movementos de terras puideron ocasionar a desaparición total ou parcial da Medorra da Seara do Campelín, ADEGA e Mariña Patrimonio temos solicitado ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural que se realice unha investigación para comprobar estes feitos e, no caso de que se verifique a desaparición do xacemento arqueolóxico, solicitamos a apertura do correspondente expediente sancionador.

+ posts

ÚLTIMAS

O BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía para as municipais de 2027

O BNG celebrará o vindeiro mércores en Lugo un acto público para presentar a...

A Policía Nacional investiga seis roubos en vehículos estacionados nunha rúa de Lugo

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer seis roubos rexistrados en...

A Deputación pon en valor o Campus da USC en Lugo con actos de graduación

  Os Deputados provinciais de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, e...

Encargada a rehabilitación da caseta do garda no Parque de Rosalía en Lugo

O Concello de Lugo vén de encargar a redacción do proxecto para rehabilitar a...