InicioMedioambiente e PatrimonioAltri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Durante a presentación técnica do proxecto, o director, Bruno Dapena, destacou que a planta de Palas "será a primeira do mundo que integre os dous procesos necesarios para a produción de lyocell", unha fibra téxtil 100 % biodegradable.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei, reuníronse con representantes da Asociación Agraria de Galicia (Asaga) para explicarlles de primeira man a súa iniciativa e reivindicar a sustentabilidade da mesma. Durante a presentación técnica, o director do proxecto, Bruno Dapena, destacou que a planta de Palas de Rei “será a primeira do mundo que integre os dous procesos necesarios para a produción de lyocell”, unha fibra téxtil 100 % biodegradable.

Ademais, incidiu en que a fábrica, que integrará tecnoloxías punteiras para asegurar a sustentabilidade ambiental do proxecto “máis aló do que establece a lei”, achegará unha resposta a dous grandes problemas da industria téxtil, “como son a pegada de carbono e a xestión de residuos ao final da súa vida útil”. Tal como recolle a compañía nun comunicado, o presidente de Asaga, Francisco Bello, coincidiu na necesidade de apoiar alternativas que favorezan o aproveitamento e a transformación da madeira na propia Comunidade.

PLENO DE LUGO

Con todo, noutra orde de cousas, o pleno municipal do Concello de Lugo aprobou a proposta do BNG contra a planta de Altri en Palas. Segundo informan os nacionalistas, o seu portavoz, Rubén Arroxo, afirmou que os veciños da cidade “están a mostrar o seu rexeitamento a un proxecto que non é nin sustentable nin moito menos circular”. Por iso, pediu á Xunta o desenvolvemento dunha alternativa para a dinamización socioeconómico da comarca da Ulloa, para fomentar actividades sustentables que xeren emprego e fixar poboación.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

O PP acusa a BNG e PSOE de “deixar oco” na Deputación para que entrase o fillo do alcalde de Lugo

Os voceiros do Grupo Municipal, Elena Candia, e do Grupo Provincial do PP, Antonio...