InicioMedioambiente e PatrimonioUlloa Viva anima á cidadanía a presentar alegacións contra o proxecto de...

Ulloa Viva anima á cidadanía a presentar alegacións contra o proxecto de Altri e pide á Xunta ampliar o prazo

O portavoz da plataforma, Julio Fernández, apelou aos veciños a que lle pidan á Consellería de Industria que amplíe os prazos para presentar alegacións e animou aos presentes a "seguir dando loita".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Ulloa Viva anima á cidadanía a presentar alegacións contra o proxecto de celulosa e Plataforma Ulloa Viva anima á cidadanía a presentar alegacións contra o proxecto de celulosa e de fibras téxtiles que a compañía Altri quere instalar no municipio lucense de Palas de Rei e pide á Xunta ampliar o prazo de presentación, que conclúe o 17 de abril. Así o demandou o portavoz da plataforma, Julio Fernández, á conclusión de varias actividades lúdicas organizadas pola entidade este sábado nos concellos de Agolada e de Santiso para dar visibilidade ao rexeitamento de numerosos veciños da contorna a esta iniciativa.

Fernández apelou aos veciños a que lle pidan á Consellería de Industria que amplíe os prazos para presentar alegacións e animou aos presentes a “seguir dando loita”. Segundo trasladou a entidade, preto de 400 persoas chegadas desde distintos puntos de Galicia participaron este sábado nesta actividade, na que os asistentes se dividiron en tres grupos para realizar rutas a pé, en bicicleta e en kaiak. Durante esta xornada, tamén se celebrou un encontro informativo no que tomaron a palabra, ademais do portavoz da plataforma, o biólogo Xurxo Mariño, o xeógrafo Antonio Presas e o enxeñeiro agrónomo Xoán Castro.de fibras téxtiles que a compañía Altri quere instalar no municipio lucense de Palas de Rei e pide á Xunta ampliar o prazo de presentación, que conclúe o 17 de abril.

Así o demandou o portavoz da plataforma, Xulio Fernández, á conclusión de varias actividades lúdicas organizadas pola entidade este sábado nos concellos de Agolada e de Santiso para dar visibilidade ao rexeitamento de numerosos veciños da contorna a esta iniciativa.

Fernández apelou aos veciños a que lle pidan á Consellería de Industria que amplíe os prazos para presentar alegacións e animou aos presentes a “seguir dando loita”.

Segundo trasladou a entidade, preto de 400 persoas chegadas desde distintos puntos de Galicia participaron este sábado nesta actividade, na que os asistentes se dividiron en tres grupos para realizar rutas a pé, en bicicleta e en kaiak.

Durante esta xornada, tamén se celebrou un encontro informativo no que tomaron a palabra, ademais do portavoz da plataforma, o biólogo Xurxo Mariño, o geógrafo Antonio Presas e o enxeñeiro agrónomo Xoán Castro.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...