InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo non decretou "ningunha prealerta por seca"

O Concello de Lugo non decretou “ningunha prealerta por seca”

PUBLICADA O

- Advertisement -

En Lugo, o tenente de alcaldesa de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández explicou que polo momento “non foi decretada ningunha prealerta ou alerta de seca”.

Con todo, desde o Concello actuaron “coa máxima responsabilidade” coa aplicación de diversas pautas que “contribuirán a garantir” a calidade dos servizos públicos sendo conscientes da limitación dos recursos e usándoos “de forma eficiente pero tamén comedida”.

Desta forma, detallou que desde este xoves utilizarán un 30% menos de auga para a conservación dos xardíns e priorizarán “os máis sensibles” e os que teñan plantada flor de tempada.

No referente á limpeza viaria sinalou que o servizo municipal encargado destes traballos reducirá o baldeo nun 50%. Esta porcentaxe, se a situación empeora, rebaixarano nas dúas prestacións ata un 75% e mesmo un 90% no caso de que a Confederación Hidrográfica así o determine.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...