InicioMedioambiente e PatrimonioA provincia levará a Fitur o seu patrimonio románico da man do...

A provincia levará a Fitur o seu patrimonio románico da man do actor Chechu Salgado

A Deputación de Lugo presentará a nova campaña de turismo da institución provincial, 'Lugo, provincia románica', o vindeiro xoves 19 de xaneiro na caseta de Turismo de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo presentará a nova campaña de turismo da institución provincial, ‘Lugo, provincia románica’, o vindeiro xoves 19 de xaneiro na caseta de Turismo de Galicia na Feira Internacional de Turismo (Fitur). A campaña está protagonizada polo actor Chechu Salgado, natural de Sober e que foi distinguido co Goya ao Mellor Actor Revelación no 2022.

O presidente provincial, José Tomé Roca, será o encargado de dar a coñecer as novidades desta campaña promocional nun acto no que tamén participará Chechu Salgado. Con esta campaña, darase a coñecer a aposta da institución por un turismo cultural e paisaxístico, pondo o foco no patrimonio como reclamo para os visitantes.

“Levamos anos reforzando a promoción do patrimonio deste estilo arquitectónico co que conta a provincia de Lugo, un sinal de identidade e un poderoso reclamo turístico, ao redor do que articular unha oferta de calidade, sustentable, non masificada e de experiencias. Agora damos un paso máis e abanderamos o románico como unha das nosas grandes atribucións, levándoo como principal atractivo a Fitur”, dixo José Tomei.

Ademais, esta campaña está estreitamente vinculada co sector cinematográfico, co que a institución busca fomentar as visitas turísticas vinculadas aos escenarios de producións audiovisuais rodadas na provincia, á vez que dinamiza a actividade do turismo no rural en zonas cun gran valor paisaxístico, cultural e etnográfico.

No marco da estratexia para potenciar o patrimonio románico como atractivo turístico da provincia de Lugo, a Deputación traballa na edición dunha guía turística con catro tomos que recolle os principais recursos deste estilo arquitectónico nas distintas comarcas.

A Deputación editou xa o tomo referido a a Ribeira Sacra, que tivo unha grande acollida; e nas próxima semanas publicará os centrados na Ulloa e nas zonas dos Ancares, O Courel e Sarria. Ao longo deste ano sacará o último, sobre Lugo, Terra Chá e A Mariña.

José Tomei subliñou que o románico da provincia lucense é “un dos máis importantes de España e de Europa”, como demostra que forme parte da Ruta Transrománica do Consello de Europa desde o ano 2020 grazas á iniciativa impulsada pola Deputación.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...