InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaA Montaña de Lugo, un motor para o turismo histórico e patrimonial

A Montaña de Lugo, un motor para o turismo histórico e patrimonial

PUBLICADA O

- Advertisement -

Camiñando pola Idade do Ferro na Carretera da República” e “As ánimas, os mouros e as pegadas milenarias dos Ancares”. Estes foron os suxerentes nomes das dúas andainas que esta fin de semana tiveron lugar na montaña de Lugo dentro do proxecto cultural ‘Rutas de Historia”, de valorización do patrimonio e a nosa historia. Unhas andainas organizadas por www.rutasdehistoria.gal e na que participaron máis dun cento de persoas que chegaron de numerosos puntos de Galicia.

A primeira ruta tivo lugar na Fonsagrada e visitou as ruínas da Ferrería del Buen Retiro e percorreu a Carretera da República ata a aldea da Fornaza, lugar no que se pode contemplar unha impresionante paisaxe dende a súa coñecida capela. Estivo guiada por Manuel Miranda, de Mariña Patrimonio.

Andando polas fragas dos Ancares nas Rutas de Historia

A segunda ruta, xa o domingo, saíu e rematou na vila de Becerreá. Os participantes visitaron o Castro de Vilar de Ousón, a Ponte de Cruzul, a Igrexa románica de Ouselle, o Monolito a Fuco Gómez e o Camín da Antiga. Neste caso, foi Xabier Moure, de Patrimonio dos Ancares, o guía da andaina.

Os participantes xantaron en restaurantes da zona e boa parte deles pernoctaron estes días en establecementos da Fonsagrada e de Becerreá, xa que un dos obxectivos da andaina é, tamén, dinamizar turísticamente estas zonas da montaña lucense. Entre os visitantes houbo xente de Tui, Tomiño, Vigo, Ponteareas, Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Mugardos, Santiago, Corcubión, Ames, Brión, Lugo, A Fonsagrada, Verín, Ourense, Becerreá ou Monforte de Lemos.

Subindo cara a Carretera da República, na Fonsagrada, durante a andaina de Rutas de Historia

Valorización da historia e do patrimonio

Precisamente, a recuperación do patrimonio oculto que atesoura Galicia é a base do proxecto Rutas de Historia (www.rutasdehistoria.com) que puxo en marcha a súa segunda xeira de roteiros históricos por toda Galicia para concienciar á sociedade galega da importancia que ten a súa historia e o seu patrimonio. “Uns roteiros que queren servir para fixar na poboación a idea de que as pedras, os vellos mosteiros, castelos e castros, ou as lendas de mouros e reis teñen unha importancia cultural e natural fundamental para entender a idiosincrasia de Galicia”, indican os impulsores desde esta iniciativa.

Neste sentido, Rutas de Historia, ten previsto a realización de oito andainas históricas polas catro provincias galegas, delas, cinco na provincia de Lugo. A idea é fixar na poboación que a historia e o patrimonio tamén poden ser riqueza para un país. As rutas previstas abarcan varios períodos históricos; desde o neolítico ata a época contemporánea.

As andainas comezaron o 22 de setembro e rematarán o 10 de novembro de 2018. Teñen unha duración de entre catro e cinco horas e serán realizados durante as mañás do sábado ou do domingo. Os guías explicarán, en varios puntos, os contextos históricos por onde pasan os camiñantes. Todos os participantes deberán inscribirse, previamente, na páxina web do proxecto ( www.rutasdehistoria.com ou www.rutasdehistoria.gal) cunha antelación de 24 horas.

Participantes de Rutas de Historia nas antigas fábricas de fundición de prata da Fonsagrada

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...