InicioMedioambiente e PatrimonioArde o Courel, xa son 7.500 as hectáreas queimadas

Arde o Courel, xa son 7.500 as hectáreas queimadas

O lugar maís complicado é en Folgoso e A Pobra do Brollón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vaga de incendios que afecta a Galicia desde o pasado xoves segue sen controlar e xa queima máis de 22.500 hectáreas, cos lumes do Courel e Valdeorras (Ourense) como os de maior dimensión.

Segundo a actualización da Consellería de Medio Rural na mañá deste mércores, o macroincendio de Folgoso do Courel-A Pobra do Brollón –no que se xuntaron catro lumes de Vilamor e Saa– ascende ata as 7.500 hectáreas, onde segue activa a Situación 2 –de alerta por proximidade a vivendas– nos núcleos de Parada dous Montes e Carballal (Folgoso) e Busto (A Pobra). A isto súmanse outras 1.100 hectáreas en Folgoso, parroquia de Seceda, tamén con Situación 2 por proximidade ao núcleo de Gamiz.

Segundo os últimos datos da Consellería de Medio Rural, son máis de 1.400 as persoas que foron desaloxadas por estes incendios en 80 núcleos de poboación pertencentes ao Courel –uns 60 núcleos– e a Valdeorras –unhas 20 aldeas–. En varias zonas púidose retonar ás vivendas.

ESTABILIZADOS E CONTROLADOS EN LUGO

Salvo os de Folgoso, o resto de incendios da provincia de Lugo atópanse estabilizados ou controlados. Ás 23,31 horas, foi extinguido un do catro lumes existentes no municipio de Cervantes, o da parroquia de Donís (75 hectáreas).

No tocante aos outros tres lumes de Cervantes, está controlado o de Noceda desde as 23,31 horas do martes (100 hectáreas). Mentres, seguen estabilizados os de Cereixedo (65 hectáreas) e O Castro (20 hectáreas).

En Quiroga, está controlado o de Outeiro (250 hectáreas) e estabilizado o de Nocedo (15 hectáreas). Ademais, están controlados o de Palas, parroquia de Ramil (375 hectáreas), e o de Antas de Ulla, parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante (40 hectáreas)

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...