InicioMedioambiente e PatrimonioLugo realizará novas catas arqueolóxicas no barrio do Carme

Lugo realizará novas catas arqueolóxicas no barrio do Carme

As actuacións levaranse a cabo nesta zona pola que pasan o Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Concello de Lugo informou de que realizará dúas novas catas arqueolóxicas no barrio do Carme, por onde pasa o Camiño Primitivo a Santiago e a vía romana XIX, co fin de poñer en valor o patrimonio histórico e cultural desta zona da cidade.

Os traballos, que durarán uns catro meses, levaranse a cabo en parcelas situadas fronte á igrexa do Carme e a Sala de Exposicións Porta Miñá, moi preto da Muralla romana da cidade.

A alcaldesa da cidade, Lara Méndez, dixo que se busca “profundar no coñecemento arqueolóxico da zona, pola que pasan os principais roteiros históricos da cidade: a Vía XIX e o Camiño Primitivo”.

O Concello de Lugo informou de que esta será a terceira ocasión na que realizará unha intervención arqueolóxica neste espazo, despois de que o Servizo Municipal de Arqueoloxía actuase nos anos 1994 e 2005. “Esas intervencións revelaron no seu momento a existencia nesta zona dunha importante ocupación do espazo urbano durante os primeiros séculos de existencia na cidade, que durante a súa etapa baixoimperial puido acoller espazos de carácter funerario ou necrópole, vinculadas ao trazado da vía romana na súa saída da cidade”, dixo Méndez.

No ano 1994, o control arqueolóxico realizado na parte posterior da Sala de Exposicións Porta Miñá puxo ao descuberto un tramo da cloaca romana e, nestes momentos, o goberno local traballa nun proxecto para poñelo en valor. Ademais, unha cata situada á altura do Camiño Primitivo permitiu descubrir restos de muros relacionados coa cidade romano Altoimperial.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...