InicioMedioambiente e PatrimonioO Goberno galego insiste en que prohibir a caza do lobo é...

O Goberno galego insiste en que prohibir a caza do lobo é “abusivo”

O director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias asegurou que a provincia de Lugo recibe o 40% das axudas para transformación e comercialización de produtos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, José Balseiros, tachou de “abusiva e unilateral” a decisión do Ministerio de Transición Ecolóxica que pode levar á prohibición da caza do lobo.

Nunha entrevista concedida a Radio Lugo-Cadea SER, Balseiros cualificou de “sinsentido” o veto á caza do lobo, que afectará os gandeiros que sofren ataques “de forma consistente e repetitiva”.

Aínda que remarcou que este ámbito é competencia da Consellería de Medio Ambiente, lamenta que “se adopte unha decisión contando co voto de comunidades autónomas que non teñen esta afectación como Canarias”. “Non ten sentido que se adopten decisións de forma unilateral sen contar con comunidades autónomas que teñen prevalencia destes animais en canto a número e intensidade sobre o territorio”, agrega. “Pensamos que tería que ter participación nesta decisión o Ministerio de Agricultura, porque tamén é competencia deles a gandaría”, sostén Balseiros.

AXUDAS A TRANSFORMACIÓN

Paralelamente, o director Xeral de Gandaría informou de axudas por 26 millóns para 91 proxectos de transformación e comercialización de produtos.

Balseiros destacou que a provincia de Lugo leva “o 40 por cento deste orzamento, con 10.100.000 euros destinados a 38 iniciativas que supoñen un 42 por cento dos beneficiarios en Galicia”. “Isto demostra a importancia e a transcendencia da provincia de Lugo pola súa dimensión en canto ao sector primario: de agricultura e gandaría”, resaltou finalmente este director xeral da Xunta de Galicia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...