InicioMedioambiente e PatrimonioUn paseo polos anos da peste en Lugo

Un paseo polos anos da peste en Lugo

Helena González, de Bisagras de Papel, propón un paseo polos anos da peste en Lugo. O fío conductor é un cartel, que está na porta da Capela da Soidade. Nel hai unha relación exhaustiva das rogativas que se fixeron, para liberar á cidade de distintas ameazas sanitarias, reais ou potenciais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Agora que estamos a piques de despedir o ano da pandemia, quero compartir con vós a información dun estraño documento, que colga na porta da Capela da Virxe da Soidade, ubicada na praza que leva o mesmo nome.

Trátase dun cartel que enumera as rogativas feitas a esta virxe ó longo do tempo. Algunhas coa finalidade de  mellorar as condicións climatolóxicas adversas (secas, chuvias ou xeadas) que facían perigar que as colleitas. Outras destinadas a lidar coas sucesivas pestes, que ameazaron á cidade de Lugo, ó longo dos séculos.

“Rogativa”

Oración ou acto relixioso en que se lle pide a Deus ou a un santo que lle poña remedio a un mal ou que favoreza a consecución de algo.

 

Estas peticións disque, foron atendidas moitas veces pola Virxe da Soidade  e polo San Roque, de forma mancomunada, facendo crecer a devoción que non a competencia, entre os dous santiños.

Eu pola miña parte, síntome abenzoada, por poder pasear  grazas a este achado fortuito, pola historia sanitaria da cidade.

Quen ía pensar que, despois de tres meses de confinamento en soidade, toparía inspiración nun  lugar que tamén leva ese nome!  Ás veces, paga a pena andar pola cidade cos ollos ben abertos!

Xa sei que o documento está incompleto xa que non están todas as que tiñan que estar e non nomea sempre o tipo de “peste” que estaba a  ameazar á poboación.  Aínda así, axuda a relativizar sobre a nosa propia experiencia pandémica.

Segundo o documento, estes son os catro fitos sanitarios da cidade de Lugo, marcados polas correspondentes rogativas: 1698, 1800, 1865 e 1918.

O TABARDILLO

A primeira de 1698 faise pola peste do tabardillo, que desde mediados de xullo asolaba a cidade, facendo vítimas a moitos dos seus habitantes, incluíndo persoeiros importantes como o bispo e os seus familiares , o deán e moita  xente do cabildo. Conta a historia que a imaxe da virxe foi levada en procesión, en dúas ocasións. Esta rogativa foi a estrea de Virxe da Soidade, nestes menesteres.

O tabardillo pintado non é outra cousa que o tifo exantemático. Chamábase así, polas pintas que, en ocasións, producía na pel das persoas infectadas. Esta doenza é transmitida por piollos e pulgas, portadores dunha bacteria de nome “rickttesia prowazekii”.

A seguinte rogativa foi en 1800, cando unha nova peste ameazaba a cidade. Estoutra peste había de ser a febre amarela, unha doenza vírica que viaxaba no corpo de certas especies de mosquitos. Non sabemos se tivo incidencia en Lugo, pero nese ano causou moitos estragos na cidade de Cádiz.

CÓLERA E GRIPE ESPAÑOLA

Houbo outra en 1865, cando chegan noticias dun gromo de cólera que viña de entrar polo porto de Valencia. Esta doenza é causada polo contacto de alimentos ou aguas contaminadas pola bacteria “vibrio cholerea”.  E digo eu,  por que no lle pedirían en 1854 e 1855 que foron os anos máis duros do cólera, na provincia?

A última rogativa por motivos de saúde, foi no 1918. O motivo foi a irrupción da mal chamada gripe española no país. Esta gripe foi un andazo de dimensións  xigantes, que acabou coa vida de entre 50 e 100 millóns de persoas, en todo o mundo.

A miña dúbida é se a rogativa foi na primavera ou no outono. Podería ser que a orde terciaria franciscana que custodiaba a venerada imaxe, decidise procesionala en outubro, seguindo o modelo zamorano de insubmisión?  Daquela, a gripe xa chegara é Lugo e as normas de distanciamiento social eran estrictas, ata o punto que non se chegou a celebrar o San Froilán.

E agora como isto vai de pedir, pido para a que Virxe da Soidade poida saír de novo a rúa e non estar tan “sozinha”.

E pido tamén para que no 2021, deixemos de medir distancias, riscos e perigos e simplemente volvamos a vivir, sen medo o contaxio.

[ Do blog Bisagras de Papel ]

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...